mércores. 30.04.2025
El tiempo

A comunidade educativa volve por enésima vez á rúa para berrar contra a LOMCE

A comunidade educativa volve por enésima vez á rúa para berrar contra a LOMCE
Concentracion en Cee contra a LOMCE-Foto-Rafa Quintans Concentración en Cee contra a LOMCE-Foto-Rafa Quintñans Nova xornada de folga e concentracións este pasado xoves 16 de febreiro en contra da LOMCE. Despois de paralizar as Reválidas, a mobilización da comunidade educativa para eliminar a Lei e para defender o ensino público de calidade non para. Parece, iso si, que decae lixeiramente, ou así se deixou ver nas concentracións celebradas en Cee e Carballo, onde houbo algo menos xente que as últimas veces. Pero tamén parece normal despois de varios anos saíndo á rúa mes tras mes. Anpa San Vicenzo na Concentracion da LOMCE en Cee-Foto-Rafa Quintans 2 A Anpa San Vicenzo na Concentracion da LOMCE en Cee-Foto-Rafa Quintáns Anpa Uxio na Concentracion da LOMCE en Cee-Foto-Rafa Quintans 2 A Anpa Uxio na Concentración da LOMCE en Cee-Foto-Rafa Quintáns Ademais, había convocada un parón polo día. Centros como o de Cabana, ou de Ponteceso, secundaron fortemente a folga convocada da Conferederación da ANPAS Galegas, e apoiada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público Galego. Unha Plataforma que afirma que foi “secundada polo 90% das estudantes de ensino medio e polo 80% das do universitario”. Unha Plataforma que segue pedido unha “nova Lei Educativa Participativa, Democrática e Inclusiva que responda á diversidade, que garante a educación gratuíta dende os 0 anos; que non teña imposicións, que facilite o acceso aos estudios superiores para as persoas con menos recursos, que promova unha formación integral (ciencias, letras, artes,…), que recoñeza e respecte a diversidade existente no estado español, que garanta prazas no ensino público a todo o alumnado e suprima os concertos educativos, que poña o dereito á educación por enriba do dereito de admisión, e que sexa máis inclusiva". Folga no CEIP Ponteceso do 16F Folga no CEIP Ponteceso do 16F Folga no CEIP Ponteceso do 16F Folga no CEIP Ponteceso do 16F

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios