xoves. 08.01.2026
El tiempo

Anunciada a licitación da ampliación do Corredor entre Baio e Vimianzo, cuia posta en marcha se prevé para 2029

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asiste ao acto de licitación da prolongación da autovía da Costa da Morte. Santa Irena (Vimianzo), 07/01/26.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, escoltado de representantes municipais, no acto de licitación da prolongación da autovía da Costa da Morte. en Santa Irena (Vimianzo).
Anunciada a licitación da ampliación do Corredor entre Baio e Vimianzo, cuia posta en marcha se prevé para 2029

Anunciou esta mañá a Xunta de Galicia a licitación da 1ª fase da prolongación do Corredor da Costa da Morte, o treito de Santa Irena – AC432, a estrada que une Vimianzo e Camariñas. Un treito de apenas 5,8km, deixando pendentes as ampliacións ata Berdoias, ata Cee e mesmo a prometida, hai máis de 20 anos, ata o peirao de Brens.

Un proxecto anunciado como “Prolongación da Autovía Costa da Morte”, aínda que esteamos a falar dunha Via de Alta Capacidade, cun carril por cada sentido. De feito, Alfonso Rueda condicionou o posible desdoblamento nun futuro a Autovía, “se os datos de circulación así o avalan”, sinalando que as obras deixarán preparado ese posible desdoble, pero sen puntualizar que as obras do desmonte realizado entre Baio e Berdoias leva máis de 10 anos relizado.

Escoltado dos rexedores populares como os de Cabana, Ponteceso, Laxe, Coristanco, Fisterra ou Malpica, así como o alcalde de Zas (BNG) ou o concelleiro de Vimianzo (PSOE). o presidente da Xunta anuncio que hoxe ábrese o prazo para que as empresas presenten as súas ofertas, e que as obras darán comezo a partir de xullo, cun prazo de execución de 2,5 anos, co que nos colocamos en 2029 para a súa posta en marcha.

Datos do proxecto

O novo treito que estará limitado a 100 km/h. Segundo a Xunta, "as obras resultan de gran complexidade técnica, xa que inclúen a construción de dous enlaces e a previsión dun terceiro; tres viadutos; seis pasos superiores; tres pasos inferiores; e seis obras de drenaxe". A estrutura máis singular será o viaduto sobre o río Vimianzo, que permitirá o cruzamento da vía sobre esta contorna e que terá preto de 250 metros de lonxitude:

Histórico da Autovía

Comentarios