A sobrecarga de traballo deteriora a atención nas Residencias Públicas de Maiores



As traballadoras de Residencias Públicas de Maiores arrastran tres anos sen poder librar domingos nen festivos. Así recollía o xornal Novas da Galiza, un dos membros da Asociación de Medios en Galego, na súa pasada edición. No 2012, a Lei de Medidas para reducir o déficit público nas Administracións recortou diversos dereitos recollidos no V Convenio para Persoal Laboral da Xunta de Galiza inhabilitando, entre outros, o artigo 19 que outorgaba o 75 por cento das horas realizadas en compensación por traballar domingos e festivos. Isto implica unha perda de entre 20 e 30 días de descanso cada ano e deixa aberta a posibilidade de traballar varios domingos seguidos.
“A supresión do artigo 19 fíxose baixo a promesa de que, aos dous anos, volvería a reactivarse pero iso xamais pasou”, indica Fátima Veiga, traballadora do Centro de Volta do Castro, que nunha entrevista no Novas de Galiza acusou á Xunta de precarizar o servizo de Residencias a Maiores para facilitar a súa privatización.
A traballadora sostén que non teñen guindastres suficientes, escasean os pañais, as sábanas e as toallas teñen remendos “como na posguerra” e mesmo non se fan contratacións para cubrir os días de asuntos propios. Ante a falta de recursos materiais e a reducción de dereitos laborais, as traballadoras síntense incapaces de poder ofrecer a mesma atención ás persoas que coidan. “Non podemos atender mellor porque o corpo está canso, non por falta de ganas”. Esta situación, para Veiga, converte as coidadoras de Residencias Públicas de Maiores nas “novas escravas da Xunta de Galiza” tendo como “único obxetivo deixar que os servizos públicos sexan insostibles para dar a xestión a unha empresa externa amiga”.
As traballadoras ven na reforma laboral a ferramenta culpable da precarización xa que posibilita os despidos por causas obxetivas ou relacionadas coa produtividade.
A nova AMEGA
Esta é unha listaxe de novas que compartimos os membros da Asociación de Medios en Galego:
- GC: A Xunta gastará 600.000 euros máis en publicidade antes das municipais.
- QPC: A concesión do Semáforo de Fisterra, un claro exemplo da presunta corrupción do PP.
- QPC: 20 nen@s sen praza escolar.
- Radiofusión: A Xunta recortará a proba do talón.
- QPC: Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando.
- Radiofusión: Xabier Ron (AGE): “A Xunta entrega a dedo millóns de euros aos grandes grupos de comunicación galegos”.
- Radiofusión: Montse Prado: “O PP predica pero non practica a transparencia”.
- GC: A Xunta vota en contra da transparencia nas axudas a medios de comunicación.
- A AELG premia á Asociación de Medios en Galego.
Máis novas
- AMEGA denuncia a exclusión de medios en galego das axudas institucionais.
- Construíndo o futuro dos medios en galego.
- A Amega denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos.
- A Asociación de Medios en Galego reclama máis transparencia cunha proposta de Lei de Publicidade Institucional.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.
- Un bo ano para os medios en galego.
- A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares.
- 17 de maio: A Xunta “pasa” do galego.
- En marcha a Asociación de Medios en Galego con participación costeira.
- Nace a Asociación de Medios en Galego coa presencia de QPC.
Novas sobre as Eleccións Xerais do Mirante para a AMEGA
- Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Fonte
- Nova de Novas da Galiza para a Asociación de Medios en Galego.