Mércores. 09.10.2024
El tiempo

COVID: O Sergas anuncia un cribado entre a mocidade da Laracha ante o repunte de casos na comarca de Bergantiños

  • Non queda un só concello en toda a bisbarra sen novos casos detectados nos últimos 14 días
Grafica Covid Costa da Morte 11-07-21
COVID: O Sergas anuncia un cribado entre a mocidade da Laracha ante o repunte de casos na comarca de Bergantiños

As cifras de incidencia da COVID na Costa da Morte que acontecen no resto do estado, acaban reflexándose, algo máis tarde, na nosa comarca. Así o ratifica o dato de que non queda ningún concello sen casos activos nos últimos 14 días en toda a bisbarra, provocando un aumento da incidencia acumulada de case 30 puntos na última semana, ata chegar aos 122 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Dos 162 novos casos detectados nos últimos 14 días (44 máis que hai 6 días), 100 son en Bergantiños. En Carballo, por exemplo, hai 42 novos contaxios só na última semana, e na Laracha suman un total de 29 novos casos detectados nos últimos 14 días, provocando unha incidencia acumulada de 255 casos por cada 100.000 habitantes.

Deste xeito, esta semana non hai restricións en ningún concello costeiro, pero haberá que agardar á reunión do Comité Clínico deste martes.

Datos Covid Costa da Morte 11-07-21

Cribado na Laracha

Ante esta situación, Sergas vén de anunciar un novo cribado poboacional na Laracha. Será este martes 13 de xullo, en horario de tarde (16:00 a 20:30 horas) cando se realizarán PCRs a todas as persoas de entre 18 e 30 anos do Concello, unhas 926, no Centro de Saúde da Laracha.

 

Vacinación

Continúa avanzando a vacinación na comarca. Hoxe luns vacinaranse 574 persoas de entre 60 e 69 anos e outros 20 maiores de 60 que quedaran pendentes da segunda dose de AZ. O mércores tocaralle o turno a 365 persoas de entre 30 e 39 anos para darse a primeira dose de Pfizer. Xoves e venres será o turno da 2ª dose de Pfizer a 316 e 289 persoas de entre 40 e 49. E o sábado volverá tocarlle a 1ª dose a 365 menores de 40.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios