Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Laracha arrasa na Conferencia Noroeste da Liga Atlántica de Billarda e busca en Paisaco o título autonómico

Billarda na Laracha
A Laracha arrasa na Conferencia Noroeste da Liga Atlántica de Billarda e busca en Paisaco o título autonómico

A fermosa Liga Atlántica de Billarda chegou ao seu remate coa disputa da derradeixa xornada Liga Atlántica de Billarda na Conferencia Noroeste, disputada esta pasada fin de semana no Polideportivo cuberto de Xermaña-Caión (A Laracha). Estaba previsto que fose no Campo "Ponte da Area" de Soandres pero o tempo obrigou a facela a cuberto.

Se ben aínda queda a gran finalísma do Campionato Galego, que se disputará este domingo 26 de xuño na Porta Santa de Paiosaco (a partir das 11:00), por agora podemos dicir que A Laracha é a gran potencia na materia.

Así o ratificaron o título por equipos no “Open de Soandres” para o Campo da Feira de Paiosaco; e tamén os Juan Carlos (do Campo da Feira-Paiosaco) e Lito (do APB-A Laracha), que gañaron esta xornada na categoría absoluta por diante de Óscar García (dos Cochiqueiros-Cerceda) .
En categoría feminina a campiona desta xornada foi Lu (do Lúa de Forza-Sanxenxo), por diante de Raquel (Cochiqueiros-Cerceda) e Marisa (Lúa de Forza-Sanxenxo).
E na categoría infantil vencía Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña), por diante de Kevin (APB-A Laracha) e Aleixo (Cochiqueiros-Cerceda).

Liga de Billarda na Laracha

Na clasificación xeral, A Laracha demostra o seu potencial copando case que o podio ao completo, co Campo da Feira de Paiosaco como campión e A PB da Laracha como subcampión. Terceiro clasificado foi o Filloas de Sangue da Coruña.

En individuais, non chegou o spring final dos palistas laracheses porque o gañador foi Xan Rodiño (Lúa de Forza de Sanxenxo), por diante dos Xosé Collazo e Juan Carlos, do Campo da Feira de Paiosaco.
En categoría feminina si que Mercedes (Campo da Feira-Paiosaco) foi a campiona por diante de Delia (Chaínzos Cadaval-Castro de Rei) e Silvia (Cochiqueiros-Cerceda).
E en infantil, dous laracheses tamén levaron os primeiros trofeos á regularidade: Abel (Campo da Feira-Paiosaco) e Kevin (APB-A Laracha). Terceiro foi Óscar García (Cochiqueiros-Cerceda).

Todo queda pendente da finalísima de Paiosaco.

Novas relacionadas

Comentarios