luns. 17.03.2025
El tiempo

Mar de Fábula convoca ao voluntariado para comprobar a contaminación crónica da praia das Salseiras

Apanando pellets na praia das Salseiras
Apanando pellets na praia das Salseiras noutra limpeza de Mar de Fábula
Mar de Fábula convoca ao voluntariado para comprobar a contaminación crónica da praia das Salseiras

Non para Mar de Fábula e vén de decidir facer limpezas de praias cada fin de semana, sempre que o tempo o permita. Despois da completa limpeza da semana pasada nos Muíños (con descubrimento dunha lapa invasora incluída), e da visita dun eurodeputado socialista, a entidade convoca xa a todo o voluntariado da Costa da Morte, a toda a xente que teña gañas de vivir unha xornada de acción e concienciación, a facer unha limpeza e inspección praia das Salseiras, Caión para comprobar o seu estado ambiental no comezo do ano.

A entidade leva controlando esta praia durante os últimos 8 anos, atopando sempre centos de pellets de plástico e microplásticos varios, xunto con refugallos do lixo retrete espallábanse por toda metade sur do areal.

”Cal é a fonte desta contaminación sen fin?”, pregúntanse a pesar de telo denunciado en varias ocasións ante o Seprona, e informado á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e ao concello da Laracha.

Lembran que malia que xa non sigan chegando boliñas do Toconao, “nas Salseiras, seguen chegando arreo, caladiños, teimudos, coma unha Santa Compaña en forma de boliñas que envelenan as augas desta fermosa praia, e ninguén di nada”.

Así que invitan a participar este sábado 8 de febreiro ás 11:00h, con quedada no aparcamento da praia das Salseiras. Piden que se queredes ir levedes peneiras e coadores, ademais de, a efectos de cobertura de seguros, anotarse con nome, apelidos e DNI, no correo electrónico. [email protected], ou no número de teléfono: 608609042.

Máis novas do problema

 

 

Outras novas da entidade

Comentarios