Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Obradoiro de Emprego mellora a contorna do Museo de Golmar

2021.04.23.- Obradoiro de emprego en Golmar
O Obradoiro de Emprego mellora a contorna do Museo de Golmar

Segue A Laracha aproveitando ao máximo o Obradoiro de Emprego. Desta volta, os alumn@s-traballador@s da especialidade de carpintería e moble comezaron coas labores previstas no entorno do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar, consistentes na renovación do peche perimetral, da tarima de madeira e do mobiliario urbano (bancos e papeleiras). Antes estiveron no taller preparando o mobiliario, que se instalará estes días.
Antes de rematar aínda volverán á zona do paseo fluvial do Anllóns para seguir actualizándoo.

Mentres, a outra especialidade, a de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, centra as súas intervencións na posta en valor da área recreativa de Gabenlle e na zona verde situada nas inmediacións do parque empresarial.

Melloras en Requesende

2021.04.24.- Proxecto mellora estrada Requesende

O Concello e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia cofinancian o proxecto de mellora da estrada do núcleo de Requesende, na parroquia de Golmar, que está actualmente en fase de execución.

A actuación contempla a mellora da superficie de circulación dos vehículos coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente e tamén o acondicionamento dos sobreanchos existentes a consecuencia da realización de diversos peches de parcelas. Esta obra está incluída no Plan de Infraestruturas Rurais. O investimento total superará os 70.000 euros, achegando a Consellería en torno ao 60 % e o Concello, o 40 % restante con fondos municipais.

Novos obradoiros

Comentarios