P.E. Meirama: Máis viraventos sobre a Laracha

10:38 15/11/22
Vén de poñer a Xunta a exposición pública o proxecto do Parque Eólico de Meirama. Unha nova poligonal eólica que instalará 6 aereoxeneradores entre Cerceda e A Laracha. 4 deles están previstos erguerse na parroquia larachesa parroquia de Soandres, na zona coñecida como Monte da Cabra. Os núcleos de poboación máis próximos son A Ferradura e Silvoso.
O Concello da Laracha, que xa ten presentado alegacións contra outros parques, está a estudar a documentación para remitir as correspondentes achegas, suxestións e opinións durante o período de información pública.
O prazo para presentar suxestións permanecerá aberto ata o 22 de decembro.
O Colectivo Petón do Lobo ofrece xa modelo de alegacións para descargar.
Máis novas sobre Eólicos
- O Concello da Laracha pídelle á empresa promotora do P.E. Carboeiro que deixe de negociar casa por casa.
- Xuño 22: O Concello da Laracha ofrece modelos de alegacións contra o P.E. Carboeiro.
- A Laracha ao completo presenta alegacións contra os proxectos eólicos de Carboeiro e Monteagudo.
- P.E. Carboeiro: Outros xigantes que ameazan á parroquia larachesa de Erboeiro
- O Concello da Laracha tamén presenta alegacións contra o Parque Eólico Coto Loureiro.
- Xan Fdez. Carrera: Recuperemos o Monte Neme.
- P.E. Coto Loureiro: 14 aereoxeneradores sobre A Laracha.