A Porta Santa viviu a gran final da Liga Atlántica de Billarda

Colofón inmellorable á temporada de Billarda coas finalísimas autonómicas celebradas este pasado domingo no campo de fútbol "A Porta Santa" de Paiosaco. A pesar de que a chuvia quixo deixar acto de presencia, amainou e a gran festa deste singular xogo tradicional convertido en deporte de masas, conseguiu celebrarse con total éxito.
Se ben os equipos da Laracha viñan arrasando na Liga Noroeste, desta volta tiveron que enfrontarse aos campións da zona sur, e a cousa non foi tan doada.
En categoría infantil, o local Abel Ponte (co Campo da Feira de Paiosaco) quedou ás portas da medalla de ouro, pero quedou ca prata por detrás de Óscar García (Cochiqueiros-Cerceda) e por diante de Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña).
No torneo de Varados, dominou o rapaz de Corredoiras (Bueu), Adri, por diante de Piru (Gharaboto-Bueu) e Che (Rinoceronte-Pontevedra.
Non houbo sorte a categoría por equipos e o domingo das Rias Baixas Categoría foi total, quedando primeiro o Corredoiras (Bueu), por diante do Gharaboto (Marín) e Lúa de Forza (Sanxenxo).
Era a hora de xantar, e de disfrutar con todos os mellores palanadores do país.
Xa á tarde mellorou o tempo e comenzou coa final de féminas que dominaron as mozas das Rias Baixas. Tania (Valpaços-Vigo), Bego (Corredoiras-Bueu) e Antía (Gharaboto-Marín) coparon o podio.
E partiu a festa coa final absoluta onde gañou Xan Rodiño (Lúa de Forza-Sanxenxo), o home got talent pero os seguintes dos equipos da noroeste: Alberto Riveiro (APB-A Laracha) e Abel Ponte (Campo da Feira de Paiosaco).
Dende a Liga Atlántica de Billarda, queren dar as grazas ao Concello da Laracha pola cesión do Campo Municipal "A Porta Santa" de Paiosaco, para poder celebrar esta xornada de festa e á UD Paiosacio por atender a cantina.
Vindeira cita
Non remata a temporada, pois quedan os torneos de verán. Este vindeiro día 2 de xullo, ás 17:00h, coa "VII edición do Torneo das Cereixas", que organiza o equipo Campo da Feira de Paiosaco e se xogará no aparcadoiro situado a carón do Agvro Tussest, fronte á gasolineira.
Novas relacionadas
- Xuño 22: A Laracha arrasa na Conferencia Noroeste da Liga Atlántica de Billarda e busca en Paisaco o título autonómico.
- Xuño 22: A Laracha segue arrasando na Liga Noroeste de Billarda.
- Maio 22: O baiés Jose Gándara Martínez e o eterno Ricardo Pérez y Verdes, protagonistas da Liga Nacional de Billarda.
- Xaneiro 21: A billarda ten relevo relevo xeracional na Laracha.
- Novembro 21: Paiosaco domina a Liga Atlántica de Billarda.
- Outubro 21: Bergantiños manda no mundo da Billarda.
- Xuño 21: Laxe acolleu unha singular e divertida xornada da Liga de Billarda