As Salseiras de Caión. A praia dos microplásticos
Non é a primeira que o denuncia a familia de Mar de Fábula. Hai unha contaminación sistémica na praia das Salseiras de Caión.
Así o volveron comprobar de novo na mañá de domingo 23 de novembro, facendo unha nova limpeza. U"nha vez máis, como nos últimos 10 anos, temos atopado centos de pellets de plástico e microplásticos secundarios marcando as liñas de marea neste espléndido areal. É unha contaminación crónica que ven sendo denunciada por Mar de Fábula dende hai moito tempo pero ninguén fai caso porqque non sae noa telediarios", sinalan.
A entidade lembra que teñen denunciado ao Seproba e informado á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, sinalando que ten que haber algunha fábrica de produtos plásticos na contorna que ten perdas de materia prima na súa cadea de suministro.
A entidade lembra que debe haber problemas de desbordes na Estación deputadora, xa que ducias de bastonciños de algodón acompañan con frecuencia aos pellets de plástico e aos microplásticos secundarios facendo unha mestura noxenta.





