Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Xabier Maceiras recupera os 100 anos do fútbol, emigración e impacto social, en Arteixo e na Laracha

A obra será presentada o xoves 22 de xullo nun acto aberto a todos os públicos que organiza o Concello e que se vai desenvolver a partir das 19:00 horas no campo de fútbol municipal A Porta Santa de Paiosaco.
Xabier Maceiras co libro 100 anos de futbol en Arteixo e A Loaracha
Xabier Maceiras recupera os 100 anos do fútbol, emigración e impacto social, en Arteixo e na Laracha

A historia futboleira dos concellos de Arteixo e da Laracha contada en varios capítulos cunha perspectiva do Real Club Deportivo para contextualizar as diferentes épocas que abarca o libro. Esa é a esencia do libro “100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha”, que vén de publicar Xabier Maceiras. “Un libro non só de fútbol, senón de antropoloxía, cultural e física, de emigración e de viaxes, de xenealoxía e etnoloxía”, feito con moito cariño como recoñece no seu prólogo Moncho Viña.

Libro 100 anos de futbol de Arteixo e A LarachaAs dúas imaxes, de portada e contraportada, xa dan conta da intención do libro. Son dúas fotos do mesmo partido (unha en cada portería), disputado entre o Campanal de Loureda e o Paiosaco, a primeiros dos naos 60.

O libro trae moitas historias vinculadas coa diáspora, como a dun equipo filial que o Laracha tiña en 1925 en Bos Aires. Conta a historia de Añón, un emigrante da Laracha que foi presidente do Nacional de Montevideo entre 1955 e 1961. Ramén lembra a Villaverde, un futbolista de Caión que xogou en Uruguai, ou a Suso García, o panadeiro de Paisaco (de Panaderías Suso), que estivo a proba co Real Madrid e que xogou en Segunda B co Racing de Ferrol. Conta cun capítulo arredor Mundialito da Emigración de 1982, onde se xogaron varios partidos en Carballo.

Tamén fala dos míticos irmáns Collazo de Caión; do larachés Quico, que xogou en Segunda B co Bergantiños, de Francisco Vilanova que acabaría sendo xerente do CHUAC; do caionés Pea, que tamén xogou en Segunda B co Bergantiños; de Carlos García, o venezolano da Laracha que debutara en 1ª co Dépor; de David Añón, outro larachés que debutou no Depor en 1ª; de Carlos Varela, outro da Laracha que xogou a Champions League; de Chumi Brandariz, o rapaz da Laracha que debutou no F. C. Barcelona… ou de xentes mais cercanas no tempo como Javi Fuentes ou Repi.

Pero a cousa tamén toca directamente ao fútbol bergantiñán, con historias directamente vinculadas ao Ponteceso, ao Sofán, ao Bergan… De feito, foron varios os equipos da comarca que participaron durante algúns anos na coñecida Liga de Arteixo, que se disputou durante 17 anos, e na que xogaron equipos de Arteixo e A Laracha pero que tamén contou coa participación de equipos como o Deportivo Carballo ou o Ponteceso duyrante as tempadas 72/73 e 73/74.

Club do Mar e Ponteceso dos anos 70 no libro 100 anos de futbol de Arteixo e A LarachaDeportivo Carballo na 75-75-Foto-Ferreiro no libro 100 anos de futbol Arteixo e A Laracha

Novas relacionadas

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

 

comentarios