A cidadanía toma as rúas da Costa da Morte en clave de protesta
12:15 28/10/13
Estamos en tempo de protestas. Estes meses as xentes seguen tomando as rúas e berrando polo que lle toca. Pero é que parece que, por unhas cousas ou outras, tócanos a todos.
Queremos unir as voces da cidadanía, da veciñanza, para botar un berro común.
- Vemos cada xoves e cada venres aos afectados polas Preferentes manifestándose en Carballo e Cee.
- A semana pasada viviamos unha masiva xornada de folga en toda a comunidade educativa contra a LOMCE e por un ensino público de calidade.
- Exemplar foi a loita cidadá contra a mina de ouro de Corcoesto que conseguiu botar abaixo, por agora, o proxecto.
- Vimos tamén como os traballadores de varios Concellos protestaban contra a austeridade no gasto público.
- Sufriremos tamén as consecuencias da reforma da administración local, a máis cercana á veciñanza que non para de alonxarse de nós.
- Os traballadores dos hospitais continúan berrando tras máis dun ano na rúa aquelo de “Non ao recortes sanitarios”, con mobilizacións polo mantemento de servizos como as de Laxe.
- Vivimos tamén a loita contra os lumes ante a pasividade das administracións.
- Continuamos esperando pola Autovía que nunca chega.
- Os emigrantes retornados foron os últimos en manifestarse nas rñuas da zona por uns xuros inxustificados nas súas pensións.
E se todo isto pasa nunha bisbarra historicamente aletargada, historicamente pouco propensa ás loitas sociais, que máis cousas necesitamos para que haia unha verdadeira revolución?
Novas relacionadas
- Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
- Os traballadores do Concello de Camariñas contra os recortes de Europa.
- A Xunta cancela o proxecto da mina de Corcoesto.
- O BNG da Costa da Morte tamén loita contra a reforma da administración local.
- De oficina en oficina berrando polos meus aforros.
- “Non ao recortes sanitarios”.
- “Queremos pediatra tódolos días”.
- O Monte Pindo pide Socorro!.
- O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).