Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano

A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano
As festas dos Maiores son todo un evento social nos Concellos da Costa da Morte

Hai un par de anos cada comarca da Costa da Morte perdía anualmente un centenar de persoas. Este 2014, analizando os datos do IGE entre 2012 e 2013, vemos case que se duplican. E por algo somos potencia en materia de envellecemento activos, pois arredor do 30% da nosa poboación é maior de 60 anos.

Os datos de perda de poboación así o reflicten. En conxunto, Galicia perdeu un total de 18.381 habitantes no último ano contabilizado, dos que 831 pertencen aos 18 Concellos QPC. 831 habitantes menos cos que conta a nosa bisbarra no último ano, e 5305 os que perdeu na última década.

E ollo ao futuro, pois as estimacións aseguran que en 10 anos teremos 213 maiores de 65 por cada menor de 20 anos, un dato sen lugar a dúbidas, estremecedor.

Análise por comarcas

Se ollamos facemos unha ollada comarcal, vemos que a comarca do Xallas é a que máis perda sufríu. 1562 habitantes menos na última década, 204 no último ano. Bergantiños, gracias ao empuxe de Carballo, mantense practicamente co mesmo número de persoas que hai 10 anos, pero dase a circunstancia que se perderon máis habitantes só entre 2012 e 2013 que entre 2003 e 2013, o que indica que a liña poboacional carballesa tiende agora cara abaixo.

Carballo e Cee non decrecen

Os datos están marcados polo continuo decrecimento poboacional de todos os concellos da bisbarra agás dous: Carballo e Cee. A capital bergantiñá gañou 2450 habitantes nos últimos 10 anos, 98 entre 2012 e 2013. Pola súa parte, Cee sumou 580 habitantes na última década, pero neste último ano contabilizado perdeu 12 persoas.

Moitos concellos decrecen

A norma xeral é a baixada continua de habitantes. Destacamos o baixón neste último curso en Santa Comba, con 139 habitantes menos (620 na última década), e de Camariñas, con 114 habitantes menos (polos 265 nos últimos 10 anos).

Decrecimento no último ano

Decrecimento poboacion da Costa da Morte entre 2012 e 2013

Decrecimento na última década

Decrecimento poboacion da Costa da Morte entre 2003 e 2013

Estudios relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios