A Deputación busca a mellor réplica de Dombate
Empresas e escultores da Costa da Morte, apunten: A Deputación da Coruña sacou onte a licitación a instalación dunha réplica de tamaño natural do dolmen de Dombate (neocámara), un proxecto valorado en 94.999,44 euros que terá como destino o centro de recepción e interpretación do dolmen.
O proxecto, dependente do Servizo de Patrimonio e Contratación do organismo provincial, terá un prazo de execución de tres meses, e deberá ter un especial coidado no seu mantemento e conservación, permitíndose unicamente a visita desde unha pasarela circular proxectada no pavillón do dolmen.
A data límite para a presentación dos proxectos é de 30 días naturais desde o día seguinte á última publicación.
Datos técnicos
Trátase da instalación dunha reprodución da neocámara e o corredor do dolmen a escala 1:1, que conterá 14 ortostatos, para o teito e o corredor da cámara; realizados en resina de poliuretano.
A construción contará tamén cun peche de madeira de 4,5x4,5; ademais dunha instalación eléctrica perimetral e cenital de ortostatos no interior da cámara.
Ademais, a réplica levará incorporado un expositor de esquina en taboleiro contrachapado fenólico vernizado en cor caoba cun módulo superior no mesmo taboleiro.
A subministración e a aplicación de pavimento en corredor e cámara serán a base de morteiro e recheo sen retracción, de alta resistencia, aditivado con inhibidores de corrosión, tintado en masa para imitar cor e textura da terra orixinal.
O interior
Así mesmo, o armazón interior (ou subestructura) contará cunha base de pontones de 9x9 cm e vigas de escuadría de 9x18 cm de piñeiro vermello, que deberá soportar os elementos de formación do perfil interior da cámara e do corredor.
A réplica efectuarase a partir dos traballos realizados anteriormente, da documentación gráfica da que dispón o Servizo de Arquitectura e dos planos que se achegan. No caso de que devandita documentación resultase insuficiente, o adxudicatario realizaría os escaneados e fotografías que fosen necesarios.
Máis información
- www.dicoruna.es.
- 981 080300.
Novas relacionadas
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas” e "Teño unha relación amor-odio coa musealización de Dombate".
- Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
- Un libro sobre Dombate.
- Recunchos da Costa: Dolmen de Dombate.
Novas sobre Dombate
- 23-03-11: Por fin se inaugurou o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.
- 02-03-11: Unha visita semanal a Dombate (XIV): Albíscase o final do primeiro túnel.
- 24-02-11: Unha visita semanal a Dombate (XIII): Que vos parecen as obras de musealización?.
- 10-02-11: Unha visita semanal a Dombate (XII).
- 04-02-11: Unha visita semanal a Dombate (XI).
- 27-01-11: Unha visita semanal a Dombate (X).
- 18-01-11: Unha visita semanal a Dombate (IX).
- 10-01-11: Unha visita semanal a Dombate (VIII).
- 29-12-10: Unha visita semanal a Dombate (VII).
- 22-12-10: Unha visita semanal a Dombate (VI).
- 15-12-10: Unha visita semanal a Dombate (V).
- 09-12-10: Unha visita semanal a Dombate (IV).
- 30-11-10: Unha visita semanal a Dombate (III).
- 23-11-10: Unha visita semanal a Dombate (II).
- 17-11-10: Unha visita diaria a Dombate (I): Falamos con Angel Eiroa, guía turístico en Dombate.
- 04-02-10: A boina de Dombate xa ten a primeira pedra.
- 25-04-08: Dombate xa ten proxecto, e galego.
- 02-02-08: Dombate afunde.
- 21-11-07: Vinte anos con boina.
Artigos relacionados
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
- O DOG xa publica como BIC o Castro de Borneiro.
- A Xunta destaca o potencial do Castro Barreiras pero non se compromete a dar novos pasos.
- Unha expedición arqueolóxica estudia os petroglifos da Campaíña, Fieiteira e Regadiña.
- O castro tapado de Laxe.
- Escarvando na lenda de San Guillerme.
- Piden dende Fisterra a eliminación do tramo Fisterra - Muxía como Ruta Xacobea.
- Coidando o Castro de Borneiro e artellando o Parque do Megalitismo.
- Un campamento viquingo na Costa".
- A Xunta recupera por fin o Castro de Barreiras.
- 188 xacementos no Atlas arqueolóxico da comarca de Fisterra.
- Nota de prensa da Deputación da Coruña.