A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031


No marco da sociedade actual, co drama do envellecemento e do éxodo rural, coa traxedia das pensións na rúa, queremos volver analizar uns duros datos que nos presenta o Instituto Galego de Estatística. O IGE publicaba hai pouco na súa páxina web unha Análise das proxeccións de poboación en Galicia, que nos deixa tres escenarios que confirman, en todo caso, a perda de poboación que sufrirá Galicia nos vindeiros anos, así como o seu progresivo envellecemento”.
O IGE destaca que no suposto máis optimista dos presentados, no que se incrementaría a fecundidade ata acadar en 2030 a prevista para España, e no que se aumentaría nun 10 % a entrada de inmigrantes en Galicia con respecto aos observados en 2014, a cifra de poboación en Galicia non baixaría dos 2,5 millóns de habitantes (Galicia perdería no período 2016-2031 unhas
230.000 persoas; é dicir, o 8,5 % da súa poboación actual).
Pola contra, no peor dos escenarios previstos neste documento, no que diminuiría a fecundidade ata acadar a media observada na década dos anos noventa, e no que as entradas de inmigrantes en Galicia diminuiría un 10 % con respecto ás de 2014, a perda de poboación en Galicia no período 2016-2031 cifraríase no 10,4 %, quedando con apenas 1,7 millóns de habitantes se imaxinamos o 2051.

Nacementos
Fai fincapé o IGE na necesidade de recuperar a taxa de número de fillos por muller (Indice Sintético de Fecundidade ISF), que a día de hoxe é 1,06. A hipótese máis optimista estimaba unha recuperación da taxa de fecundidade ao nivel de 1,50 fillos por muller no ano 2050.

Envecellecemento
Ademais, o envellecemento continuaría avanzando no curto prazo. A poboación galega en 2031, segundo estas proxeccións, tería unha idade media próxima aos 51 anos de idade, superior en 4,4 anos á actual, cifrada en 46,5 anos, e o índice de envellecemento, medido como a relación entre a poboación de 65 e máis anos por cada 100 persoas menores de 20 anos, continuaría na liña ascendente que se vén recollendo nos últimos anos.
A esperanza de vida ao nacemento tamén se incrementaría no horizonte da proxección, e chegaría aos 85,3 anos no ano 2030 (polos 82,6 actuais)
A pirámide de poboación subiría un novo chanzo, pasando de ser a parte máis numerosa a que abrangue de 30 a 44 anos, a ser de 50 a 64.

A caída do Padrón
Para vermos estas cifras podemos tamén analizar esta táboa dos concellos costeiros, que xa temos traído, analizando a caída de poboación, cada 5 anos, dende o 2002, gracias ao informe do IGE:

Novas relacionadas coa caída poboación
- Domingo Guerra: Perdemos poboación.
- Historia do drama do rural en imaxes (III).
- Historia do drama do rural en Imaxes (II).
- Historia do drama do rural en imaxes (I).
- Marzo 17: A Costa da Morte perderá un 18% da súa poboación nos vindeiros 15 anos.
- Febreiro 2017: A Costa da Morte perde uns 33.000 habitantes en vinte anos.
- O 70% da pobación da Costa da Morte concéntrase núcleos de entre 2000 e 5000 habitantes
- A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil
- Aumenta o número de partos no hospital Virxe da Xunqueira
- 2014: Sangría poboacional: Só Cee e Carballo teñen números positivos na última década
- 2014: A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- 2014: A lingua galega sobrevive na Costa da Morte.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- 2011: A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- 2011: Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- IGE.