Os colectores de Diversiplás espállanse por confrarías, concellos e entidades do mar
O proxecto Diversiplás, que permite que o Centro de Recursos da Asociación Íntegro sexa un espazo de reciclaxe de plástico convertindo aos usuarios con diversidade funcional en auténticos profesionais, segue medrando. A Rede de Entidades Colaboradoras Diversiplás segue medrando e con ela o número de puntos de recollida selectiva de plásticos pola Costa da Morte. Xa son 25 os que a entidade te colocados pola zona para que profesionais e veciñanza poidan depositar só envases que conteñan os símbolos HDPE 2, PP5 e PS 6, sen adhesivos nin etiquetas, e lavados con auga e xabón.
Lembran que só os residuos que cumpran estas características poderán ser sometidos ao proceso de tratamento e valorización no taller de Íntegro para convertelos en novos produtos con outras utilidades (testos, pulseiras, chaveiros, mosquetóns…).
Actualmente, estes son os puntos de recollida de residuos plásticos que atoparás naCosta da Morte:
- Concellos: A Laracha (2), Carballo (2), Malpica (2), Laxe (2), Cabana (2), Vimianzo (2), Muxía (2) e Camariñas (1).
- Confrarías: Caión (1), Virxe da Barca de Muxía (1), Malpica (1), Camelle (1), Camariñas (1), Laxe (1) e Corme (1).
- Agrupacións de mariscadoras e redeiras: Mariscadoras do Anllóns-1 (Cabana), redeiras O Fieital-1 (Malpica) e redeiras Illa da Estrela-1 (Corme- Ponteceso).
Se es institución, asociación, centro educativo ou profesional do mar e tamén queres colaborar sumándote á marea branca Diversiplás, contacta coa asociación Íntegro chamando ao 650 961 649 ou enviando un mail a [email protected] e súmate ao equipo para traballar desde a inclusión para unha Costa da Morte máis sostible.
Novas relacionadas
- Os contedores de Diversiplás xa están en toda a Costa da Morte.
- Agosto 22: Íntegro volveu celebrar o seu 30º aniversario cunha xornada de portas abertas.
- Xullo 22: A torreira do Vilán e a Asociación Íntegro recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán.
- Xuño 22: Íntegro xa pode reciclar plástico a través do proxecto Diversiplás.