O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha "aberración normativa"


Xa estivemos analizando as críticas á Declaración de Impacto Ambiental que prantexan varios colectivos contrarios ao proxecto. Pero hoxe recibimos o testemuño dunha avogada que leva a defensa dalgúns dos afectados, Ana M. Varela Velo, que denuncia a "aberración normativa" que está a levar a cabo a Xunta de Galicia na tramitación deste proxecto mineiro.
Contando con información de todas as partes, Varela, quere darnos "un punto de vista máis persoal e máis concreto dos problemas xurídicos que ten o proxecto en sí, xa que logo desde o meu punto de vista, éche un "sismo legal"".
Varela xa presentou na Dirección Xeral de Minas da Consellería de Industria da Xunta de Galciia un escrito, entre outros moitos que xa se teñen presentado, para denunciar en todo momento "defectos de tramitación, que neste caso son moi abondosos e sustanciosos, e en principio máis que suficientes para que calquer Xulgado do Contencioso declare a nulidade de todo o procedemento", denuncia.
No seu escrito, Varela Velo, alega varios "defectos na tramitación do expediente de concesión de autorización para a explotación da mina a ceo aberto".
- No EIA (Estudio de Impacto Ambiental) presentado pola empresa non se tivo en conta o impacto que o proxecto vai a ter para a poboación de Corcoesto tanto a nivel social como económico, focalizando na falta de consideración sobre os montes afectados, principais fontes económicas de Corcoesto. Para a avogada esta “ocultación de datos ou a súa falsidade, total ou parcial no procedemento de obtención da autorización ou licencia” é patente.
- No PXOM do concello de Cabana de Bergantiños os montes de Corcoesto están clasificados como suelo rústico de protección forestal, e os propios informes técnicos recoñecen que os terreos nunca recuperarán o seu valor forestal e gandeiro tralo "seu deterioro significativo e irreversible". Deste xeito así a Xunta incumple o seu cometido de velar pola protección e supón un conflito de intereses, destacando ademais o valor estratéxido do sector madereiro.
Reunión en Corcoesto
Paralelamente a Plataforma pola Defensa de Corcoesto convoca unha reunión para este domingo 23 de decembro ás 11:00h no Local Social de Corcoesto, en Cures.

Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Novas relacionadas
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).