30 palilleiras de Camariñas, descendentes das Palilleiras do Titanic, amosan a súa arte en Vigo
A Mostra deste ano recuperou a relación do encaixe camariñán co mesmo Titanic. Unha historia que ten aínda moitas cousas por contar, como esta fantástica fotografía que nos trae a Fundación Titanic. E precisamente esta entidade vén de invitar a trinta "palilleiras" de Camarillas, todas elas descendientes das "palilleiras" que, fai 104 anos, confeccionaron os encaixes que se afundiron na noite do 14 de abril de 1912 nas bodegas do Titanic, a unha en Vigo.
Este sábado sábado, ás 14:00h da tarde, formarán parte da "Titanic The Reconstruction", a exposición sobre o "buque dos soños", que se pode visitar na Estación Marítima do Porto de Vigo, e nese marco realizarán unha demostración de como se conserva a tradición "palilleira" de todo un pobo.
Na exposición, onde coa axuda de obxectos, documentos e imaxes orixinais cóntase, na voz dos seus protagonistas, a historia do Titanic, reprodúcese tamén una das bodegas de carga do barco, onde se pode ver unha caixa no bico dos pés de Camariñas, igual á que viaxaba nas bodegas do mítico buque, onde se poden ver, xunto a unha carta orixinal, os encaixes cedidos polo Concello da localidade coruñesa e pertencentes ao seu Museo.
No documento de embarque de carga do "buque dos soños" figura soamente unha carga de orixe española: Unha caixa de encaixes de Camariñas que, desde esta poboación coruñesa enviábase desde Londres aos Angeles, vía Nova York, dirixida a un comerciante americano.
Novas relacionadas
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe, o Faro que alumea a comarca.
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe abre as súas portas
- Mostra 2016: Camariñas pon en marcha a Mostra do Encaixe
- Mostra 2016: Oito blogueiros participan na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
- Mostra 2016: Unha caramiña en forma de boneca é a mascota oficial da Mostra do Encaixe
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe expándese a Vigo
- Mostra 2016: Catorce países participan na Mostra do Encaixe coa estrea de Arxentina
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- Mostra 2015: A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- A Mostra de Encaixe, unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])