Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe publica as bases do concurso de noveis deseñadores

A Mostra do Encaixe publica as bases do concurso de noveis deseñadores
noveis desenadores encaixe camarinas A pasarela seguirá sendo un dos principais atractivos da Mostra do Encaixe de Camariñas do próximo ano Xa comeza a ulir a Mostra do Encaixe de Camariñas do 2017 e, un ano máis, a pasarela será un dos seus principais atractivos. Precisamente onte, a organización publicou as bases do XXIV concuros de noveis deseñadores grazas ao cal xoves deseñadores terán a posibilidade de presentar as súas creacións compartindo pasarela con grandes firmas consagradas no mundo da moda nacional. O prazo de presentación estará aberto ata o 1 de decembro, facendose públicas as coleccións seleccionadas polo xurado antes do 16 do mesmo mes. Esta é unha das poucas pasarelas para deseñadores noveis que aínda pervive en España e segundo precisaba Sandra Ínsua, concelleira Delegada da Mostra, agardan que sexa así por moitos anos xa que “supón un escaparate para eles, o lugar onde mostrar o seu traballo, ademais de ter a posibilidade de compartir experiencias nion só entre compañeiros, senon con algunhas das grandes figuras da moda do noso pais que participan nos desfiles de Grandes Firmas”. Premios Como en edicións anteriores, serán tres as coleccións premiadas que recibirán 2.100€, 1.200€ e 600€ segundo a clasificación en 1ª, 2ª ou 3ª posición, contando ademais cun premio especial do público cunha dotación económica de 600€. As pezas que resulten premiadas quedarán a disposición do concello nos dous anos posteriores para desfiles e actos promocionais. Cada memoria seleccionada, recibirá unha cantidade de Encaixe de Camariñas® valorado en 300€, previamente escollido polos deseñadores de entre os deseños incluidos no catálogo que se publica xunto coas bases. Unhas pezas de Encaixe® elaboradas polas asociacións de encaixeiras de Camariñas. Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios