Mércores. 08.07.2020
El tiempo

A pintura e a escultura regresan ao faro Vilán

A pintura e a escultura regresan ao faro Vilán
exposicion xesus franco e tino canicoba faro vilan camarinas Ainda coas boas impresións despois de que a Semana Santa deixase máis de 3.300 visitas, o faro Vilán estrea o vindeiro domingo - 1 de maio - unha nova exposición de pinturas e de esculturas que se poderá visitar durante o mes de maio en horario de 11 a 14 horas e de 15:30 a 20 horas. Xesús Franco, de profesión mariño mercante, é o autor da mostra de pinturas que leva por título "Mulleres". Ademais é escritor - fundamentalmente poeta-  con once libros publicados e ten unha longa experiencia en radio e prensa. Gústalle pintar e fixo numerosas exposicións en Galicia e Portugal. "Mulleres" son retratos ficticios. Mulleres que son e non son. Pola outra banda, Tino Canicoba, nado en Compostela, é autor da parte de esculturas da mostra que leva por título "O balcón do infinito". Canicoba fórmase artisticamente nas escolas de arte de Zaragoza e A Coruña, licenciado en Artes Aplicadas pola Escola Pablo Picasso da Coruña fai exposicións individuais e colectivas en Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Girona, Por de la Selva (Girona) Ampurias (Girona), Salvaterra, Madrid, Andújar (Jaén), Valdepeñas, etc. Foi finalista nos certámenes de Tui, Lugo, Andújar, e nos internacionais de Villa de Madrid e Valdepeñas.Primeiro e segundo premio no II e IV certamen de Artes Plásticas de Tui Primeiro e segundo premio no VI e VII certamen de Artes Plásticas de Lugo Primeiro premio I certamen Aycon (Vigo). A asociación de empresarios e Promoción Turísitca de Camariñas é a encargada de xestionar o faro Vilán.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC ([email protected])
  • Asociación de Empresarios e Promoción Turísitca de Camariñas

comentarios