A xustiza arquiva a denuncia penal polos terreos do tanatorio de Camariñas
08:09 17/06/16
Tanatorio de Camariñas. Imaxe de arquivo de Mais Camariñas
Novo capítulo no caso do tanatario municipal de Camariñas. Nesta ocasión, o xuiz titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión, - Ramón Mendez - anunciou o arquivo e sobreseimento do proceso penal no que se acusaba ao actual alcalde camariñán - Manuel Valeriano Alonso - e ao presidente da fundación Fernández Espín - Jesús Nieto - dun suposto delito de prevaricación administrativa.
A denuncia cuestionaba a forma na que foron declarados como chan de equipamento municipal os bens inmobles pertencentes no seu día ao denunciantes e os que pertencen á propia fundación e onde finalmente se construiu o tanatorio municipal. A denuncia atribuía a ambos cargos terse "confabulado" para declarar eses terreos como chan para equipamento municipal algo que, dende o punto de vista da sentenza emitida onte é legal así como a función estatutaria da citada fundación.
No auto, o xuiz considera "acreditada a legalidade de calificación urbanística, dos terreos do denunciante e da fundación Fernández Espín". Segundo explican dende o concello, a remisión deste auto "pon fin por agora a unha máis das denuncias emitidas pola construcción do tanataorio e a calificación de terreos no PXOM de Camariñas".
Novas relacionadas
- A Xustiza rexeita un recurso pola finca da Fundación Espín cedida ao concello de Camariñas
- A Xunta zanxa o temado tanatorio de Camariñas
- O xuíz investiga un posible delito de prevaricación nunha recalificación de Camariñas.
- Camariñas segue pendente do Tanatorio.
- Camariñas aproba un plan a protección do patrimonio
- O PXOM de Camariñas blinda o Cabo Vilán de baterías
- O DOG xa publica o PXOM de Camariñas 13 anos despois do comezo dos trámites
- A Xunta aproba defintivamente o PXOM de Camariñas con 1.200 vivendas máis
- 17-04-12: Segunda aprobación do PXOM de Camariñas
- 18-04-11: O PP camariñán califica de “apresurada” a entrega do PXOM
- 14-04-11: O alcalde de Camariñas entrega o PXOM á Xunta.
- Redaccción QPC ([email protected])
- Camariñas