Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xustiza rexeita un recurso pola finca da Fundación Espín cedida ao concello de Camariñas

A Xustiza rexeita un recurso pola finca da Fundación Espín cedida ao concello de Camariñas
Tanatorio de Camariñas Tanatorio de Camariñas A Sala do Contencioso-Administrativo, sección Quinta, ven de ditar sentencia a favor do concello de Camariñas. Así, o alto tribunal considerou unha vez máis acertada a xestión do goberno municipal, que decidiu identificar como chan do sistema local de equipamento e dotación esta finca, dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal - PXOM - . O asunto procede da denuncia dunha veciña en relación coa propiedade dun terreo que, nun principio, fora propiedade da Fundación Espín. En concreto, Manuela Fernández Espín legara unha vivenda e varios terreos para usos sociais. Un padroado anterior da Fundación decidiu sen embargo a doazón dunha desas fincas a uns particulares, supostamente en compensación por uns traballos. Posteriormente adquirían unha das porcións segregadas no ano 2003. O concello camariñán decidiu en 2011 identificar esas fincas como chan do sistema local de equipamento e dotación, dado que a localización da finca responde ao que a lei indica como preferible para este tipo de espazos, e dicir, preto do centro urbán e de servizos coma farmacias ou de atención a persoas maiores. Tempo despois, os novos patronos da fundación decidían recuperar o legado de Fernandez Espín para dar cumprimento aos fins sociais que esta dispuxera na súa última vontade, algo que non lograron. Legalidade do PXOM A Fundación Espín cedía tempo despois unha desas fincas ao concello para a construción do tanatorio municipal e o concello decidiu a identificación deses terreos como de Equipamento e Dotación, co fin de que se albergue neles o futuro Centro de Día, trala perceptiva expropiación. As sentencias agora coñecidas - ademais desta foi tamen rexeitado outro recurso de outro veciño pola declaración de zona verde de varias fincas a entrada da vila - corroboran, segundo apuntan dende o municipio camariñán, "a legalidade e conveniencia do Plan Xeral, tanto no referente a sua idoneidade como polo que ten de confirmación do traballo realizado". Para Manuel Alonso, alcalde de Camariñas “O Supremo acaba así cos contenciosos que se interpuxeran contra o Plan Xeral e dalle a razón o concello. É unha satisfacción ver que o plan conta con todos os beneplácitos da xustiza e as máximas garantías de legalidade”.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios