A XXII Mostra do Encaixe de Camariñas abre as súas portas
A XXII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas comezará hoxe a partires das 15:00 cando abra as súas portas ao público, aínda que o acto oficial de inauguración está previsto para as 17:00 horas. Os asistentes na primeira xornada poderán desfrutar das demostracións das máis de 30 palilleiras infantís das escolas municipais, dos primeiros desfiles de moda de noveis e grandes deseñadores, así como das exposicións que presentarán as 14 delegacións internacionais de
encaixeiras.
Tamén terán a oportunidade de visitar a zona de ocio e degustación gastronómica que será una das novidades de esta edición. “Este será un espazo ideal para compartir en familia, xa que mentres os rapaces e rapazas participan de divertidos obradoiros, os pais poden aproveitar para degustar distintos produtos nacionais”, explica a concelleira delegada da Mostra, Sandra Insua.
A Mostra estará aberta ao público ata o 8 de abril en horario continúo dende as 11:00 á 21:00 horas, e nela haberá curiosidades como as exposicións de Tocados realizados de Encaixe de Camariñas e enxovais.
Día do voluntariado
Esta nova edición da Mostra é a primeira en dedicar a súa celebración a unha causa solidaria. Este ano, por ser o décimo aniversario do afundimento do Prestige, decidiuse dedicar o evento ao voluntariado.
Así, mañá, xoves 5 de abril, realizarase unha xuntanza de voluntarios e voluntarias, que ademais de compartir as súas experiencias, contarán con un picnic e ruta guiada polas praias onde
estivo a Marea Branca. En homenaxe a este movemento, distribuiranse máis de 700 lazos de cores, feitos de Encaixe de Camariñas, dos cales, 200 regálanos as palilleiras locais que queren sumarse ao agradecemento.
Programa da XXII Mostra do Encaixe de Camariñas 2012
Novas relacionadas
- A Costa da Morte agradecerá aos Voluntarios na Quedada do Encaixe.
- Os voluntarios vestiranse con monos brancos e de encaixe.
- Os voluntarios guiarán unha Mostra do Encaixe Solidaria
- Os voluntarios vestiranse con monos brancos e de encaixe.
- Os pequenos e o balonmán tamén terán o seu protagonismo na Mostra do Encaixe.
- A Semana Santa de Camariñas tamén terá troula.
- A Mostra do Encaixe contará con 14 delegacións internacionais.
- En marcha a XXII Mostra de Encaixe de Camariñas.
Máis novas relacionadas
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa da Mostra do Encaixe.