Alumnos da Ponte do Porto volven ao futuro por Europa


Que importante é saír a ver mundo para aprender outras formas de sociedade, outras formas de ver a vida. Pois desta volta encántanos ver, como hoxe, mércores día 18 de marzo, un grupo de 10 alumnos de 3º da ESO e dous profesores do IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto (Camariñas), emprenderá viaxe rumbo á pequeña localidade italiana de Scandiano (cerca de Bolonia) para participar nun Encontro Europeo que, baixo o título “Back to the future”, pretende poñer en contacto experiencias pasadas e presentes dos participantes na mesma.
Delegacións de Gran Bretaña, Bélxica, Rep. Checa, Letonia, Croacia, Suecia, España e Italia formarán parte deste Encontro, no que haberá unha exhibición fotográfica, diferentes obradoiros, conferencias e actuacións en directo.
A duración destas xornadas prolongarase ata o domingo 22 de marzo e nelas autoridades municipais, políticos europeos, empresarios e estudiantes mixturaranse para dar a coñecer as súas inquedanzas dentro do marco europeo.
Os rapaces de Camariñas, ademais de participar nos obradoiros, teñen pensado presentar tres videos: o primeiro sobre Galicia; o segundo, sobre Camariñas; e o terceiro, feito por eles mesmos, sobre o Instituto. A súa participación rematará coa actuación en directo bailando dúas muiñeiras.
Que gañas temos de ver eses vídeos. Así que esperamos a ver que experiencias nos contan á súa volta!
Novas relacionadas
- Canto foi a redución en gasto público en educación entre 2009 e 2015?.
- A bitácora da semana (CCLXXII): Os clubs de lectura da Biblioteca do IES Pedra da Aguia.
- De regalo, un conto de Xavier Docampo.
- Sogama destaca o IES Pedras da Aguia como un referente en materia ambiental.
- A eterna denuncia sobre a redución do profesorado.
- O Parlamento visita o Instituto.
- A mocidade de Camariñas aprende os valores do cooperativismo.
- Camariñas fai máis ecolóxica a agricultura caseira.
- O IES Ponte do Porto recupera o seu Grupo de Debate entre mestres e pais.
- A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia.
- A Costa da Morte ten 245 profesores menos nos últimos 4 anos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).