Martes. 22.09.2020
El tiempo

Unha furgoneta para que Mar de Fábula siga recollendo lixo das nosas praias

Nenos participantes no obradoiro nº 8 de verán, nas instalacións de Mar de Fábula
Nenos participantes no obradoiro nº 8 de verán, nas instalacións de Mar de Fábula
Unha furgoneta para que Mar de Fábula siga recollendo lixo das nosas praias

Xa ten furgoneta a Asociación Mar de Fábula para seguir realizando actividades medioambientais da comarca. Unha furgoneta de segunda man, reciclada, acorde cos principios de reciclaxe da asociación, pero en excelente estado técnico e de conservación grazas á profesionalidade e asesoramento da empresa Senrasport, concesionario oficial da firma Peugeot.

Unha furgoneta adquirida cunha subvención económica da Deputación Provincial de A Coruña, que vai constituir unha ferramenta de traballo fundamental para seguir perseverando no obxectivo, máis necesario que nunca, de limpeza e coidado do noso mar.

Acto de entrega da furgoneta no concesionario Senrasport

Obradoiros

Paralelamente a entidade segue acollendo [email protected] este verán, favorecendo a conciliación e facendo fincapé en temas de concienciación ambiental. Estes son xa os participantes no 8º obradoiro de verán que Mar de Fábula desenvolve nas súas instalacións de Camelle.

Novas relacionadas

comentarios