Unha furgoneta para que Mar de Fábula siga recollendo lixo das nosas praias
Xa ten furgoneta a Asociación Mar de Fábula para seguir realizando actividades medioambientais da comarca. Unha furgoneta de segunda man, reciclada, acorde cos principios de reciclaxe da asociación, pero en excelente estado técnico e de conservación grazas á profesionalidade e asesoramento da empresa Senrasport, concesionario oficial da firma Peugeot.
Unha furgoneta adquirida cunha subvención económica da Deputación Provincial de A Coruña, que vai constituir unha ferramenta de traballo fundamental para seguir perseverando no obxectivo, máis necesario que nunca, de limpeza e coidado do noso mar.
Obradoiros
Paralelamente a entidade segue acollendo nen@s este verán, favorecendo a conciliación e facendo fincapé en temas de concienciación ambiental. Estes son xa os participantes no 8º obradoiro de verán que Mar de Fábula desenvolve nas súas instalacións de Camelle.
Novas relacionadas
- Agosto 2020: O porto de Camariñas, un pouco máis limpo gracias aos voluntari@s de Mar de Fábula:
- Xullo 2020: O voluntariado de Mar de Fábula recolle 24 sacos de lixo nos coídos de Coenda e no Corno.
- Xuño 2020: Mar de Fábula retoma a actividade medioambientais
- Xosé Manuel Barros: A invasión do coronavirus e das criaturas caóticas.
- Febreiro 2020: O voluntariado de Mar de Fábula e Comarea rescata 38 sacos de lixo do Coído de Touriñán