A Mostra do Encaixe vólvese virtual por primeira vez na historia
Fermosa volta a que lle deron dende o Concello de Camariñas. Parecía que quedaba suspendida o pasado 12 de marzo, pero hoxe, tras varias semanas de traballo, a Concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, anunciaba que Mostra do Encaixe Deputación da Coruña será neste 2020, por primeira vez na historia, virtual.
Desenvolverase do 8 ao 12 de abril a través da páxina de Facebook da” Mostra Encaixe Camariñas Deputación da Coruña” (@mencaixedecamarinas), unha vez que todos os colectivos implicados no funcionamento habitual do evento xa enviaron os seus vídeos para a ocasión. A programación organízase por bloques, seguindo unha estrutura similar á do calendario orixinal. Os vídeos irán subíndose seguindo a programación deseñada, polo que os interesados ou interesadas en seguir esta Mostra Virtual xa poden consultar a que hora conectarse para ver aos Grandes Deseñadores, aos aspirantes ao concurso de Jóvenes Deseñadores ou para escoitar o son dos palillos nas mans das palilleiras.
Mañá, mércores 8 de abril, será a xornada inaugural a partir das 16:00h, con vídeos das institucións.
En todo caso, a organización gárdase a bala do XXX aniversario para o 2021.
Novas relacionadas
- 12-03: Camariñas cancela a Mostra.
- 08-03: As escolas de toda Galicia póñense a palillar.
- Carlos Bardullas leva o encaixe coa colección Son do Mar aos Premios Galardón Revelación Nacional.
- A Mostra do Encaixe de Camariñas ten apelido provincial.
- Xa na rede o spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas.
- Camariñas levou os 30 anos da Mostra a FITUR.
- Marisol Soneira (2019): A Mostra acada a madure.
- Mostra 2019: O relevo xeracional, protagonista nunha Mostra de Encaixe de tradición e vangarda.