venres. 02.05.2025
El tiempo

O BNG de Camariñas oponse á reelección de Pichurri

O BNG de Camariñas oponse á reelección de Pichurri
Despois de que o pasado sábado os alcaldes da Costa da Morte tomaran posesión dos seus cargos comezan a chegar as primeiras protestas. A primeira delas prodúcese en Camariñas despois de que Pichurri volvese a coller o bastón de mando tras gañar por maioría absoluta.
Segundo un comunicado remitido onte aos medios de comunicación, o BNG de Camariñas opónse á elección como alcalde de Manuel Valeriado, do PSOE. O motivo desta posición é "por non ser quen de desenvolver unha política municipal de defensa e promoción do noso concello, porque que quedou dabondo demostrado estes anos non ser capaz de mellorar o nivel de vida dos veciños e veciñas a través de políticas que xeren emprego (campañas a prol do comercio, turismo, feiras locais,...)", segundo recolle o comunicado.
Dende o punto de vista dos nacionalistas, Pichurri realizou no seu anterior mandato diversas obras e actuacións sen contar cos veciños e veciñas de Camariñas. Polo tanto, manifestan que os representantes do BNG na xunta de goberno local exercerán unha oposición construtiva levando a cabo "propostas e alternativas para mellorar a vida da xente; exercendo así un férreo control sobre todo o que se fai e se gasta dende o concello e pelexando para que as propostas recollidas no noso programa se leven adiante".  Por último, dende as filas do BNG califican a Manuel Valeriano de ser un "alcalde déspota".

Novas das Eleccións #24M

Comentarios