Os estudantes da Costa volven dicir non á LOMCE


Estudantes de Bacharelato de todo a Costa da Morte, e de todo o país, secundaron a folga estudiantil convocada contra a nova lei LOMCE. Arredor dun 70% dos alumnos, de Bacharelato, segundo os cálculos que puidemos facer falando con varios Institutos da comarca, secundaron esta folga.
Pero secundar a folga non implica manifestarse, unha vez que vemos que non foron demasiados os alumnos que se achegaron ata as dúas concentracións que as plataformas de Galiza Nova realizaban en Cee e Carballo, 2 das 20 convocadas en todo o país.
A folga, convocada polos sindicatos de estudiantes e apoiada pola Fedanpa, demostra o alto grao de rexeitamento que ten toda a comunidade educativa contra a LOMCE, e a idea global de que o ensino ten que ser público e gratuito.
Falamos con varios centros de ensino e a combatividade dos alumnos é variable, pero bastante elevada, sobre todo nos centros con Bacharelato. Por exemplo, no IES Maximino Romero de Lema o seguemento da folga foi o 98% do alumnado, no IES Alfredo Brañas de Carballo dun 73%, no IES Terra de Soneira de Vimianzo nun 80%, por un 50% do IES Agra Raíces.
Nos centros que só teñen ESO notouse pero moito menos, e se IES Fin do Camiño, por exemplo, houbo un seguemento do 40%, no IES Ramón Caamaño de Muxía apenas se notou nun 15% dos alumnos. Así por exemplo, no IES Fontexería de Muros, fixeron folga 1/3 do total dos estudantes, pero un 70% se contamos só aos de Bacharelato.
A nivel galego, Galiza Nova indica que máis de 7.500 estudantes participaron das mobilizacións que se produciron nas sete cidades galegas e en máis de vinte cabeceiras de comarca. Esta mobilización, xunto ao seguemento da folga nun 75%, amosan o amplo rexeitamento da mocidade galega á retrógrada reforma educativa do Partido Popular e á súa política de recortes.
Novas relacionadas
- Coa ANPA Alén de Corcubión, a Fedanpa integra a todas as Anpas da Costa.
- A Fedanpa esixe a volta ao sistema de préstamo universal dos libros de texto.
- Un camión de tapóns solidarios dende a Costa da Morte para Matías.
- As rúas de Carballo cambian coches por nenos.
- A Fedanpa considera os orzamentos da Xunta como un paso na privatización.
Máis novas sobre a loita contra a LOMCE
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
- A comunidade educativa e cultural prepara a gran folga do 24O.
- Un peregrinación ata a fin da terra polo ensino público no rural.
- O Camiño, do revés, polo ensino público.
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).