Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Coa ANPA Alén de Corcubión, a Fedanpa integra a todas as Anpas da Costa

Coa ANPA Alén de Corcubión, a Fedanpa integra a todas as Anpas da Costa
Reunión en Vimianzo da federación de Anpas da Costa da Morte

Non para a federación de ANPAs da Costa da Morte, e o pasado venres 24 de xaneiro, mantiña unha reunión no Pazo da Cultura de Vimianzo. Unha asemblea cunha completa orde do día, no que cómpre destacar a incorporación dunha nova ANPA na federación de Anpas da Costa da Morte. Trátase da ANPA Alén de Corcubión, e xa practicamente o 100% das ANPAs da Costa da Morte están integradas na federación.

Pero foron moitos máis os temas da orde do día, como a proposta de solicitude a presentar en todos os consellos escolares dos centros educativos públicos para que a consellaría de educación retome o sistema de préstamo universal de libros de texto. Acordaron debater unha proposta sobre un sistema universal de libros de préstamo, a iniciativa da Confederación de Anpas Galegas, e presentala aos Consellos Escolares e Consellos Escolares Municipais, para que Anpas Galegas a remita á consellaría de Educación.

Tamén acordaron apoiar a folga de estudantes do xoves 20 de febreiro. Cederán a representatividade á Alianza Social Galega na Confederación de Anpas Galegas na reunión que terá lugar en Compostela.

Ademais queren seguir espallando o seu traballo e van presentar nos concellos da Costa da Morte e nas organizacións sociais un documento explicativo da existencia e obxectivos da Federación de ANPAs de centros públicos da Costa da Morte. E nesa liña acordaron organizar un sinxelo acto oficial público do primeiro ano de existencia da federación.

E acordaron colaborar na difusión do Camiño dos Faros.

Novas relacionadas

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios