Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Un Verán de Cine en Camariñas

CineVeránCamariñas
Un Verán de Cine en Camariñas
Ademais das Festas Destronavirus polas parroquias, das Festas do Carme, ou das Festas de San Pedro, Camariñas ten outro programa ben interesante para disfrutar as noites de verán.

O Ciclo de cine ao aire libre (ás 22:00h) comezará o sábado, 24 de xullo, en Xaviña coa proxección de ‘El Rey León’ na Praza da Igrexa e posteriormente haberá sesións en Arou, Camelle, Ponte do Porto e Camariñas. Haberá flocos de millo gratis para os asistentes.

As seguintes proxeccións serán:<(p>

  • ‘Quien a hierro mata’: sábado 31 de xullo en Arou. Praza da Praia (se chove no centro A Estivada).
  • ‘Spiderman: lejos de casa’: venres 6 de agosto en Camelle. Praza Igrexa (se chove na Casa do Alemán).
  • ‘A Galiña Turuleca’: venres 13 de agosto na Ponte do Porto. Paseo fluvial (se chove no centro cultural).
  • ‘Dumbo (Tim Burton): venres 20 de agosto en Camariñas. Praza de San Xurxo (se chove na Casa de Pedra).
  • ‘O que arde’: venres 27 de agosto en Camariñas. Praza do Mercado (se chove na Casa de Pedra).

Novas relacionadas

comentarios