23 webseries, 4 en galego, competirán na 8ª edición do Festival Carballo Interplay
Conta atrás para o Festival Carballo Interplay. O Festival de Contidos Dixitais máis importante do estado celebra os 6, 7, 8 e 9 de setembro deste 2021, a súa 8ª edición con 23 webseries presentadas para o certame oficial.
Son 13 as propostas que participan na categoría internacional, procedentes de Arxentina, Chile, Ecuador, Canadá, Estados Unidos, Australia, Alemania e Israel. Hai outras 6 presentadas a nivel estatal, e son 4 as webseries que se presentan na sección Versión orixinal en galego, nesta edición na que a pandemia esará moi presente.
O Certame repartirá repartirá máis de 6.600 euros en premios, e servirá para facer unha completa panorámica do que se está cocendo no mundo das series a nivel global. A comedia segue a ser a tendencia maioritaria pero tamén hai documentais, dramas…
VSO en galego
Pandemials
Dúo Vaguedades
Arrieiros Somos
Mataría
Estatais
Backstage, La reina del pueblo, Riders, Amor superdotado, Drácula, el vampiro gallego e I am Who I am.
Internacionais
Dominos 2, Over And Out, Psicóticas Inseguras, Best Before (Meilleur Avant), Good Monsters, Cross, #WFH, Refugee Roads, Mortal Glitch, Freedom Farm Sanctuary, Pepper, todo por un like, Historias Migrantes e What's Next?