23.000 visualizacións demostran o potencial da rede do Carballo Interplay

Despois da crónica do remate do magnífico Carballo Interplay, quedábanos coñecer as cifras do impacto nas redes do festival integramente desenvolto na rede. E as cifras refrendan a satisfacción da organización trala celebración do evento coas restrición evidentes, e o ratifican como “o evento de contidos audiovisuais para internet máis importante do Estado”.
23.000 visualizacións e 3.400 horas de visualización só en Youtube dan conta delo. Dan conta de que as actividades desta edición chegaron a moitas máis persoas das que caben no Auditorio da Casa de Cultura de Carballo, o que demostra a fortaleza do festival no seu papel como epicentro da vangarda de contidos dixitais do Estado e implica asumir que pase o que pase no futuro non se poderá renunciar á potencialidade da difusión a través da rede.
O festival ofreceu 26 horas de contidos a través de tres plataformas (Youtube, Facebook e Twitch), cunha boa parte contidos propios (entrevistas, reportaxes, faladoiros… que seguen dispoñibles nas plataformas) compaxinados coa proxección de webseries de todo o planeta, e tamén de Galicia.n
Ademais de promover a creación audiovisual afondou sobre temáticas como o machismo nos videoxogos, a comedia feminina que medra vizosa nas barricadas de Internet, a capacidade das tecnoloxías de vangarda para axudarnos a afrontar a crise sanitaria (e outras crises que aínda non intuímos) e, sobre todo, o talento dixital galego e en galego que agochan as series, os podcast, a música ou o youtube do país.
Un futuro garantido
A directora Sonia Méndez xa ten invitado medio país á 8ª edición 2021, coa ilusión de volver organizalo con carácter presencial.
O auténtico promotor deste evento, o concelleiro de Promoción Económica Xosé Regueira, valorou a valentía de manter vivo o festival, recordando que "vimos da Internet e este ano imos ter que volver á rede, para coidar, para coidarnos e para demostrar que a esencia do festival non reside en nada máis que en compartir creatividade e amor dixital, ben sexa en persoa ou a través das plataformas".
Novas relacionadas
- 22-11-2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay.
- 19-11-2020: O Interplay abriu as portas… da túa casa.
- 2020: Xan e Amnesia abren o caseiro Carballo Interplay.
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova”.
- 2020: 7 webseries galegas porán o acento ao Carballo Interplay.
- 2019: O Interplay moi ben, pero falta Carballo.
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global
- 2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
- 2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.