venres. 17.01.2025
El tiempo

O alumnado do CEIP Bergantiños, vítimas da inocentada da Xunta

Inocentada do CEIO Bergantinos
O alumnado do CEIP Bergantiños, vítimas da inocentada da Xunta

Non descansa da súa loita por unha atención educativa digna á diversidade a ANPA A Granxa. Este 28 de decembro, aproveitando o Día dos Inocentes, as familias realizaban unha simbólica colocación de bonecos á porta do noso colexio, que representa ao mesmo alumnado quen está a pagar a inocentada dunha Xunta irresponsable.

”Os nenos e as nenas do CEIP Bergantiños seguen a sufrir os recortes no ensino público que aplica a Xunta, quen non cumpre os seus propios compromisos en materia de atención á diversidade e deixa o noso alumnado nun nivel de atención moi precario”, denuncian nun comunicado. “Hoxe, Día dos Inocentes, é un día tan bo como calquera outro para recordar, para non esquecer, que 200 nenos e nenas do noso colexio necesitan diversos tipos de apoio educativo e a Xunta decidiu non destinar os recursos precisos, o que redundará nun deterioro da educación que se ofrece aos case 600 alumnos e alumnas”.

Así, a ANNPA carballesa manifesta “a súa vontade inquebrantable de non deixar esta loita mentres non haxa solucións, e seguiremos, semana si e semana tamén, recordándolle a quen nos goberna que ten unha débeda con esta rapazada, que non pode ver o seu futuro en risco por unha decisión política. No 2025, pois, seguiremos, porque non imos calar na defensa dos dereitos dos nosos fillos e fillas”.

Inocentada da ANPA A Granxa

Máis novas

Comentarios