Sábado. 04.07.2020
El tiempo

O Aquelarre das Meigas invocou as lendas e denunciou o abandono do Monte Neme

Aquelarre das Meigas do Monte Neme
Aquelarre das Meigas do Monte Neme
O Aquelarre das Meigas invocou as lendas e denunciou o abandono do Monte Neme

Non fallou. O día de San Xoan, co gallo do solsticio de verán, a Plataforma Monte Neme organizou o seu case tradicional Aquelarre das meigas. O acto, que tamén ven sendo o cabodano da plataforma, congregou a medio cento de persoas e meigas no cumio deste mítico monte.

No crómlech, as meigas fixeron o seu conxuro no que botaron un meigallo para reivindicar as lendas Monte Neme e o seu patrimonio e denunciar a situación de abandono á que se lle suma a nova ameaza dos eólicos.

Posteriormente a Meiga Maior, Rosalía Fernández Rial, presentou en exclusiva o seu novo libro "Árbores no deserto" falándonos de mulleres que, como as meigas, cun espirito indómito, foron a voz do poder da muller no seu contexto histórico.

Rosalia Fdez Rial no Aquelarre das Meigas do Monte Neme
Rosalía Fdez. Rial é a Meiga Maior

O evento pechouse ca música tradicional do grupo Seis Reás.

Novas relacionadas

comentarios