A banda carballesa Apart anuncia novo disco en directo

Este venres 22 sairá o novo disco da banda carballesa Apart. Trátase do seu primeiro disco en directo, gravado no concerto celebrado no Parque de Galera no marco das Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela. Un disco que se chamará "Live" e que pretende "mostrar a forza e os matices" dos seus directos.
Unha potencia que amosarán na final da XXV Batalla das Bandas do CUAC FM, na que se teñen clasificado, e que se celebrará na mítica Sala Mardi Grass da Coruña o vindeiro sábado 30 de setembro, acompañando á banda murciana Vuelve Abril.
Así, "Live", estará, a partir do venres 22 de setembro, dispoñible na súa totalidade en todas as plataformas dixitais, como Spotify, YouTube ou Apple Music. O LP incluirá temas xa coñecidos como "We Want It All" ou "Love Is", así como varias cancións inéditas.
NOVAS DE APART EN QPC
- Maio 23: Apart lanza "Hasta que arda", o seu primeiro tema en castelán.
- Abril 22: Apart presenta o vídeoclip do último tema do seu último álbum, gravado no Patacón.
- Febreiro 22: Apart saca o seu novo single setenteiro na rede.
- Febreiro 21: O vídeo "Everything", a homenaxe de Apart á praia de Razo-Baldaio.
- Xaneiro 2021: A banda carballesa "Apart" lanza o seu segundo adianto do disco "Everything”.
- Xaneiro 2021: “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.
- Decembro 2020: “Honest”, o segundo traballo da banda carballesa Apart.
- #SoandoconForza: Coñecendo a banda carballesa "Apart”.