Venres. 04.10.2024
El tiempo

Blanca Portillo, Juan Mayorga, Patricia Lorenzo ou Xosé A. Touriñán, na gran traca final do FIOT31

Blanca Portillo-el-testamento-de-maria_07-foto-Josep-Aznar para MadridTeatro
Blanca Portillo volve a Carballo
Blanca Portillo, Juan Mayorga, Patricia Lorenzo ou Xosé A. Touriñán, na gran traca final do FIOT31

Chega a última fin de semana desta 31 edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Pero chega coa traca final, repleta de grandes voces da escena galega estatal da talla de Blanca Portillo, o Grupo Chévere, Pablo Messiez, Juan Mayorga, Tito Asorey ou Xosé A. Touriñán.

A primeira das citas terá lugar o venres 28. A Xograresa de Outono 2019, Patricia de Lorenzo, presentará en Carballo -no marco co ciclo OTNI- a súa conferencia performativa ‘Pequenas mentiras para contar grandes verdades’, un traballo no que aborda, a partir do proceso de construción dos distintos papeis que interpretou co Grupo Chévere.

Patricia de Lorenzo na Escola do espectador nas ondas © Vanessa Rábade
Patricia de Lorenzo na Escola do espectador nas ondas © Vanessa Rábade

O sábado será a quenda do máis recente éxito da tempada escénica madrileña: ‘La voluntad de creer’, unha coprodución de Buxman Producciones e do Teatro Español escrita e dirixida por Pablo Messiez que se estrea en España.

Outra das citas máis esperadas chegará o domingo 30. Será o regreso de Blanca Portillo ás táboas do Pazo da Cultura logo da súa aclamada interpretación no 2015 de ‘El Testamento de María’. Desta quenda, a actriz volve coa aclamada ‘Silencio’, do recoñecido dramaturgo Juan Mayorga, un dos autores vivos máis representados e a quen se lle outorgou estes días, precisamente, o Premio Princesa de Asturias das Letras; galardón que se suma aos xa recibidos Premio Nacional de Teatro (2007), Premio Nacional de Literatura Dramática (2013), e numerosos Max como Mellor Autor ou Mellor Adaptación.

A última función do Programa de Sala deste 2022 será o luns 31 de outubro, da man de Tito Asorey, Xosé A. Touriñán e Ainé Producións, desta quenda en coprodución co Centro Dramático Galego. ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’, que parte dun texto do xornalista Nacho Carretero e que conta con dramaturxia de José L. Prieto, fará a primeira parada da súa xira en Carballo cunha función que porá o broche dourado á 31ª edición do FIOT.

AXENDA FIOT31 VENRES 28 - LUNS 31 DE OUTUBRO

Venres 28 de outubro

21.00 horas no Pazo da Cultura | Salón de actos
OTNI | ‘Pequenas mentiras para contar grandes verdades’, de Patricia de Lorenzo (Grupo Chévere).

Sábado 29 de outubro

13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas na Casa do Concello | Despacho do alcalde
Metro Cadrado | ‘Viaxar é un pracer’, de Assircópatas (ESTREA ABSOLUTA).

13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas en Atener Solucións Técnicas | Sala de xuntanzas
Metro Cadrado
| ‘Actriz, chora’, de Cacharela Teatro (ESTREA ABSOLUTA).

13.15 horas no Pazo da Cultura | Salón social
Onda FIOT
| Escola do espectador nas ondas. Con Paloma Cortina, Pablo Messiez (vía zoom) e o elenco de ‘La voluntad de creer’.

20.30 horas no Pazo da Cultura | Auditorio
Programa de Sala
| ‘La voluntad de creer’, de Buxman Producciones (ESTREA EN GALICIA).

23.00 horas no Mercado municipal
Rúa dos Contos
| ‘Mundo para lelos’, de Óscar Terol (ESTREA EN GALICIA).

Domingo 30 de outubro

20.30 horas no Pazo da Cultura | Auditorio
Programa de Sala
| ‘Silencio’, de Avance PT e Entrecajas PT
Luns 31 de outubro

21.00 horas no Pazo da Cultura | Auditorio
Programa de Sala
| ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’, do Centro Dramático Galego e Ainé Producións.

NOVAS do FIOT 22

Máis novas do FIOT

Comentarios