O BNG pide que “non se criminalice ao sector da hostalería polas condutas illadas duns poucos”

Espera hoxe a comarca de Bergantiños ese anuncio da Xunta sobre o seu peche, ou non, perimetral. Un peche que afectaría moi directamente ao sector hostaleiro. E precisamente foi a xunta directiva da Asociación de Hostalaría de Carballo a que quixo manter unha reunión co grupo de goberno para coñecer as medidas que se están tomando dende o BNG.
O alcalde deu conta desa xuntanza telemática dos alcaldes das comarcas de Bergantiños e Soneira, co conselleiro de Sanidade, na que por fin lles ofreceron datos concretos da incidencia do covid e na que lles avanzaron as “máis que posibles” medidas restritivas que o Comité Clínico pode anunciar hoxe.
Sobre isto, vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, pediu “que non se criminalice ao sector” polas condutas illadas duns poucos e amosou a súa “esperanza de que non se peche por completo a hostalaría, fundamentalmente porque non hai datos que o xustifiquen”.
Medidas
Daniel Pérez no Parlamento Galego
O BNG deu conta e debullou como van os programas Sempre Carballo e PEL Reactiva, este coa Deputación. Pero ademais informaron de estar traballando nunha nova liña de axudas ao sector de cara ao 2021: “bonificación trimestral no recibo do lixo” ata un 50% do total, que xa se aprobará no pleno ordinario deste mes e que beneficiará á hostalaría e as axencias de viaxes; “exención do pago da taxa de terrazas para todo o ano que vén” e pago diferido “para todo tipo de taxas e impostos municipais”, que xa se pode solicitar no servizo de recadación.
O BNG aproveitou para criticar “a falta de apoio” por parte da Xunta de Galicia. “A Xunta vai investir o mesmo que a Comunidade de Murcia, que ten a metade de orzamento que Galiza”, e lamentou que “das anteriores ningún hostaleiro de Carballo viu nin un euro”, asegurou. “Hai que pedir un rescate, con todas as letras, porque a hostalaría nocturna, por exemplo, está abocada á miseria absoluta”.
Ademais Regueira criticou as trabas administrativas para que os concellos poidan articular medidas de apoio aos sectores económicos.
Asi mesmo, contaron a intervención que tivo o parlamentario carballés Daniel Pérez no Parlamento Galego. “O BNG non se cuestiona ningunha medida sanitaria, pero cremos que chegou o momento de poñer sobre a mesa as necesidades dos diferentes sectores económicos e sociais”. Pediu que os “Orzamentos da Xunta do ano 2021 inclúan unha partida suficientemente dotada para poder utilizala de maneira inmediata para paliar as consecuencias dos posibles peches de actividades que poidan producirse”.
A maiores, o BNG propón a adopción de medidas como o aprazamento dos pagos de IRPF, IVE e Imposto de Sociedades, un IVE reducido do 4% para hostalaría e turismo, a exención do pago de cotas da Seguridade Social ou campañas de promoción, entre outras, que deben adoptarse dun xeito coordinado entre as administracións central e autonómica.
Novas relacionadas
Entrevista
Máis novas do COVID
- 12-11-2020: A Xunta avisa do “máis que probable” peche da actividade non esencial nos 5 concellos en Nivel 3 da comarca Bergantiños.
- 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello
- 11-11-2020: O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica .
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID.
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2