Martes. 01.12.2020
El tiempo

COVID: Coristanco ponse en vermello

Mapa do Covid en Galicia para este 09-11-2020
Mapa do Covid en Galicia para este 09-11-2020
COVID: Coristanco ponse en vermello

A Comarca de Bergantiños está sendo moi afectada por esta segunda onda do COVID. Son 5 dos 7 concellos da comarca que están en Nivel 3, trala inclusión, hoxe, de Coristanco. A Laracha mantense en Nivel amarelo e Laxe en Laranxa.

En total son 8 os Concellos costeiros en alerta vermella, e 14 os afectados.

Ademais, outro dato preocupante son os 20 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira por COVID,, un máis que onte.

 

  • Nivel de Alerta 3 (con máis de 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Carballo, Malpica, Coristanco, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Santa Comba e Cee.
  • Nivel de Alerta 2 (entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Zas, Laxe e Camariñas.
  • Nivel de Alerta 1 (entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): A Laracha, Muros e Muxía.

Só so 5 os concellos sen alarma sanitaria: Fisterra, Corcubión, Dumbría, Mazaricos e Carnota.

Entrevista

Máis novas do COVID

comentarios