A Xunta avisa do “máis que probable” peche da actividade non esencial nos 5 concellos en Nivel 3 da comarca Bergantiños

Os datos da incidencia do COVID de hoxe non son nada positivos e seguen sinalanzo a comarca de Bergantiños zona vermella. Ata o punto de que esta mañá, a Consellería de Sanidade comunicáballe aos alcaldes da zona que o Comité Clínico, “con toda probabilidade”, ía decidir este venres o peche perimentral dos 5 Concellos en nivel de alerta 3 da comarca, o que suporía o peche da actividade non esencial.
Haberá que esperar á decisión deste venres para ver se se confirma esta decisión, que afectaría polo menos, aos Concellos de Coristanco, Carballo (126 casos activos), Malpica (con 68 casos activos e onde o Sergas realizará este sábado un cribado masivo), Ponteceso (53 casos) e Cabana, provocando o peche da hostalería, confinamento perimetral dentro da bisbarra, e reunións con só convivintes.
A nova trasladáballa o Secretario Xeral da Consellería de Sanidade e o xerente da área sanitaria A Coruña-Cee nunha reunión telemática aos alcaldes de Ponteceso, Malpica, Cabana, Coristanco, Carballo, Vimianzo, Camariñas, Laracha, Laxe e Zas. Nas dúas comarcas de Bergantiños e Soneira os casos aumentaron nunha semana de 370 a 562 casos.
Pequena pola comarca de Soneira
Polo sur da comarca parece que a cousa mellora. En Camariñas por exemplo, aseguran que “a incidencia se estabiliza”, con 28 casos activos a día de hoxe, baixando así dos 32 constatados nos últimos días. Camariñas é, xunto a Laxe e Zas, un dos municipio menos afectado das dúas comarcas.
Por Vimianzo, por agora o único concello "pechado", a cousa segue complicada. A día de hoxe son 138 casos activos. En calquera caso, a alcaldesa solicita información diaria para “poder actuar, por exemplo, realizando desinfeccións nos espazos e lugares máis sensibles, e onde se observa unha maior incidencia do virus”.
Entrevista
Máis novas do COVID
- 12-11-2020:
- 11-112020: O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica .
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID.
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2