Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello

Mapa covid Galicia cos datos do 11-11-2020
Mapa do COVID en Galicia cos datos do 11-11-2020
COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello

Pequenas novidades no mapa do COVID de hoxe. O Concello de Dumbría, un dos que se mantiña bastante virxe nesta última onda, púxose en nivel de Alerta 1. Deste xeito seguen sendo 5 os Concellos sen alarma sanitaria, xa que Muxía volve quedar en verde, como Fisterra, Corcubión, Mazaricos e Carnota.

Son positivas as novas en Santa Comba e Cee, onde parece que baixa o nivel de casos activos, e volven a nivel laranxa. Son agora 6 os concellos en nivel vermello, 5 en nivel laranxa, e 4 en nivel amarelo.

  • Nivel de Alerta 3 (con máis de 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Carballo, Malpica (hoxe con 68 casos activos, e onde o Sergas vai facer un cribado este sábado), Coristanco, Ponteceso con 53 casos), Cabana, Vimianzo, .
  • Nivel de Alerta 2 (entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Santa Comba, Cee. Zas, Laxe e Camariñas.
  • Nivel de Alerta 1 (entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): A Laracha, Dumbría, Muros e Zas.

A boa nova é que en apenas 2 días os pacientes ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira baixaron de 20 aos 12 actuais.

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios