Venres. 11.10.2024
El tiempo

O Carballo Coworking expándese pola comarca

Carballo-Coworking-imaxe
O Carballo Coworking expándese pola comarca

Xa está a pleno rendemento a segunda campaña do Carballo Coworking, esa iniciativa que abre as portas a que novos emprendedores avancen nos seus proxectos nun espazo de sinerxias e enerxía combinadas (e que, por certo, aínda ten aberta o prazo de adhesión). E unha das grandes novidades desta iniciativa desenvolta pola Promoción Económica do Concello de Carballo e integrado na Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña, é a súa expansión pola comarca.

Comeza así unha campaña de promoción en concellos, obradoiros de emprego e centros de secundaria. Persoal técnico do coworking vén de iniciar un percorrido pola contorna para visitar, un a un, os 16 concellos que conforman a Costa da Morte, ademais doutros municipios próximos como Arteixo, Cerceda ou Santa Comba.

A idea é falar sobre os servizos e as vantaxes que este espazo compartido ofrece a persoas emprendedoras e/ou empresas de nova creación leváronse a cabo encontros con técnicos/as de emprego e responsables municipais dos servizos de Orientación Laboral, Promoción do Emprego ou Emprendemento, aos que tamén se lles facilitou diverso material informativo para a súa difusión entre a veciñanza.

As charlas están dirixidas a captar talento entre o alumnado e promover o autoemprego e o emprendemento, aproveitando os recursos tecnolóxicos e todos os beneficios deste espazo colaborativo situado no Fórum Carballo.  

En Cee, Vimianzo e Ponteceso

A primeira cita será o martes 10, ás 10.00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Cee, para dar a coñecer ao alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego "Camiño do Solpor IV” os servizos e prestacións que teñen á súa disposición no coworking carballés.

A continuación, sobre as 12.45 horas, será a quenda dos estudantes da área de Economía e Emprendemento do IES Terra de Soneira, en Vimianzo.

As sesións informativas continuarán o mércores 11, ás 11.30 horas, no IES Eduardo Pondal de Ponteceso, mentres que a visita Isidro Parga Pondal de Carballo celebrarase o luns 23, de 13 a 14 horas. En todas as sesións participará persoal técnico do coworking, para explicar o funcionamento e a finalidade destes espazos, acompañado dalgúns coworkers da primeira e a segunda edicións, que narrarán as súas propias vivencias no centro.

Novas relacionadas

Novas da primeira edición do Carballo Coworking

Comentarios