Carballo terá un Entroido musiqueiro
Volve o Entroido a Carballo con moita forza. E volve tamén a música ao Casino 19, cunha festa de Entroido para este sábado 26 protagonizada polo noso picadiscos de referencia Maikel Pérez Castro.
Pero o Entroido carballés terá tamén, do 25 de febreiro ao 5 de marzo, moita animación de rúa, obradoiros infantís e moita participación, co clásico peche do Enterro da Sardiña./p>
O venres 25, ás 18.30 horas, abre o lío o pasarrúas da Charanga Santa Compaña, que dará paso á proxección do monólogo “Aquí tou!”, de Xosé A. Touriñán, na Biblioteca Rego da Balsa (20:30h).
O sábado 26 ás 12.00 horas, pasarrúas da Charanga Santa Compaña; e de 17.00 a 20.00 horas, enredos de Entroido, unha divertidade tarde de xogos para nenos e nenas na Praza do Concello (no caso de choiva trasladaranse ao Mercado Municipal).
O domingo 27 ás 17.00 horas, pasarrúas da Charanga BB+.
O luns 28 de 11.00 a 13.00 horas, obradoiros de Entroido na Biblioteca Rego da Balsa: “Mural das choqueiradas”; e de 17.00 a 20.00 horas nova cita na activa biblio con “Psicodélicas lentes xigantes” (ámbolos dous con inscrición previa).
O martes 1, ás 17.00 horas, pasarrúas circense Cía Moc Moc; ás 18.00 horas tocaralle o turno ao pasarrúas da Charanga Santa Compaña; e ás 19.30 horas, o gran Enterro da Sardiña no palco da música do Parque do Anllóns, cos grupos de teatro de Vagalume Animación.
Pechará a festa o sábado 5 coa actuación infantil das “Tanchugeiras de Cances”, a partir das 20.00 horas no Centro Social de Cances.
Máis programas do Entroido
- Vimianzo: Disfraces e música para o Entroido de Vimianzo.
- Laxe: O Caietano volverá ser protagonista do Entroido de Laxe.
- Buño: A Mikaela, que xa ten data, vai ser “espectacular”.
- Santa Comba: Festa familiar para o Entroido de Santa Comba.
- Zas: Entroido de Zas: Pasarrúas, desfiles, obradoiros infantís, concurso de disfraces e filloas.
- Coristanco: De Vacas, con conxuro e todo, amenizará o Entroido de Coristanco.
- Ponteceso: Os pavillóns de Corme e Ponteceso vivirán cadansúas festas do Entroido.
- Malpica: Malpica volve presentar un completo programa de Entroido feito polas Asociación e para as Parroquias.
- Camariñas: Bailes de disfraces, música, inchables, doces e Enterro da Sardiña no Entroido de Camariñas.
- Laracha: O Concurso de disfraces da Laracha volverá ser virtual.
- Dumbría: As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés.
- Carnota: Un sábado de Batukada e inchables para o día Entroido de Carnota.
- Fisterra: Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.