Disfraces e música para o Entroido de Vimianzo
10:23 22/02/22
Non haberá o tradicional concurso de comparsas, pero si haberá unha boa festa no Entroido de Vimianzo. A gran cita será este sábado 26 de febreiro, co Concuso de Disfraces na Praza do Concello a partir das 17:00h, e actuación do Dúo Galán.
Tamén hai cousas que facer o sábado, coa actuación musical de Mama Cabra, unha das míticas bandas de música infantil en galego, a partir das 18:30h.
Máis programas do Entroido
- Laxe: O Caietano volverá ser protagonista do Entroido de Laxe.
- Buño: A Mikaela, que xa ten data, vai ser “espectacular”.
- Santa Comba: Festa familiar para o Entroido de Santa Comba.
- Zas: Entroido de Zas: Pasarrúas, desfiles, obradoiros infantís, concurso de disfraces e filloas.
- Coristanco: De Vacas, con conxuro e todo, amenizará o Entroido de Coristanco.
- Ponteceso: Os pavillóns de Corme e Ponteceso vivirán cadansúas festas do Entroido.
- Malpica: Malpica volve presentar un completo programa de Entroido feito polas Asociación e para as Parroquias.
- Camariñas: Bailes de disfraces, música, inchables, doces e Enterro da Sardiña no Entroido de Camariñas.
- Laracha: O Concurso de disfraces da Laracha volverá ser virtual.
- Dumbría: As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés.
- Carnota: Un sábado de Batukada e inchables para o día Entroido de Carnota.
- Fisterra: Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.