O Caietano volverá ser protagonista do Entroido de Laxe
Parece que falamos xa dun dos persoeiros do entroido tradicional de Bergantiños. Deses que leva medio século instaurados no imaxinario colectivo dunha comarca. Poucos lembran que a historia do Caietano apenas ten 13 anos de historia. Foi Xabier García, entón traballador municipal, o que creaba en 2009 toda unha historia conseguir que o entroido fose unha festa de verdade veciñal.
Abofé que o conseguíu, e malia o esquecemendo da administración local, a festa continúa a ser un éxito rotundo ano tras ano, convertida xa nun dos máis afamados, participativos e divertidos Enterros de Bergantiños.
Este ano, a subida e caída do Caietano volverá ser o fío condutor do Entroido de Laxe. O sábado 26 haberá desfile, coa chegada á alcaldía do Caietano ás 17:30h no consistorio, e posterior concurso. Todo gracias á implicación da Asociaciónd e Amas de Casa de Laxe.
A festa rematará o sábado 5 de marzo, xa co Enterro do Caietano na praza dos Voluntarios. O divertido velorio e misa arrincará ás 18:30h e a partir das 19:15 haberá procesión de despedida coa música dos Kilomberos de Montealto ata a praza Ramón Juerga, onde haberá a queima.
As crónicas do Caietano
- 2020: Unha viaxe polos Enterros de Entroido de Bergantiños.
- 2019: O alzamento e a caída do Caietano de Laxe
- 2015: O Caietano protagonizou un entroido reivindicativo no mar de Laxe
- 2011: A historia do Caietano.
Máis programas do Entroido
- Buño: A Mikaela, que xa ten data, vai ser “espectacular”.
- Santa Comba: Festa familiar para o Entroido de Santa Comba.
- Zas: Entroido de Zas: Pasarrúas, desfiles, obradoiros infantís, concurso de disfraces e filloas.
- Coristanco: De Vacas, con conxuro e todo, amenizará o Entroido de Coristanco.
- Ponteceso: Os pavillóns de Corme e Ponteceso vivirán cadansúas festas do Entroido.
- Malpica: Malpica volve presentar un completo programa de Entroido feito polas Asociación e para as Parroquias.
- Camariñas: Bailes de disfraces, música, inchables, doces e Enterro da Sardiña no Entroido de Camariñas.
- Laracha: O Concurso de disfraces da Laracha volverá ser virtual.
- Dumbría: As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés.
- Carnota: Un sábado de Batukada e inchables para o día Entroido de Carnota.
- Fisterra: Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.