Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Defenden o procedemento de contratación da praza de Policía Local de Carballo

O CSIF denuncia que a Policía Local galega é a única do estado que aínda non está vacinada
Proceso de seleccion da Polica Local de Muxia
Momento da toma de posesión do último Policía Local con praza en Carballo
Defenden o procedemento de contratación da praza de Policía Local de Carballo

Trala publicación esta semana en QPC arredor do contencioso aberto no procedemento na Policía Local de Carballo, o CSIF quere facer certas matizacións.

O Sindicato maioritario considera ”inxusto que que se difundan sospeitas” tratando de emborronar o proceso”, sinala en alusión ás verbas da CIG. “Sospeitas do proceso, do Alcalde e Secretario, dun Tribunal de 5 persoas independentes, da venda de prazas ou quen sabe sabe que máis, o mundo está todo confabulado contra alguén..., por certo, Contra quen?”, pregúntase Alfonso Espiñeira Espiñeira, presidente do sector da administración Local do CSIF en Galicia.

”Desde CSIF creemos firmemente na honorabilidade e profesionalidade de todos e cada un dos participantes neste proceso, desde os Funcionarios ata os políticos, pasando polos participantes”, sinalan, invitando a “acudir a Fiscalía” se hai dúbidas, pero “sen probas, parece probable que pouco caso lle van a facer, e é máis fácil sementar a dúbida”.

Vacinación

”Pedimos axuntar forzas para conseguir melloras nas condicións laborais da Policía Local, que por desgraza son moi mejorables a día de hoxe, e insistimos, en que o que máis nos está preocupando agora mesmo é que as Policías Locais da Costa dá Morte, e do resto de Galicia, son as únicas en España que non iniciaron os procesos de vacunación contra o Covid”.

Novas relacionadas

comentarios