Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Hostalería de Carballo manifestarase este luns

Manifestacion da hostaleria de Carballo
Rueiro da manifestación
A Hostalería de Carballo manifestarase este luns

Este luns, igual que fixera hai 3 semanas en Santiago, a hostalería carballesa sairá á rúa para denunciar que “Precisamos axuda xa” e que “non poden seguir afogándonos”. Unha manifestación, en todo caso, aberta a todos os sectores.

Unha hostalería que segue viva, con numerosos establecimentos abertos para dar comida a domicilio ou para levar, pero que necesita solucións.

Por iso, realizarán unha manifestación pacífica a pé o próximo luns día 30 as 16:00 h e con finalización estimada as 19:00 h. A saida será dende a explanada do Gadis ata a Praza do Concello.

”En esta protesta queremos reinvindicar por medio de todos os sectores afectados, o noso malestar polo peche dos locais de hostelería, afectando a todos os sectores, o peche das feiras, a falta de axudas inmediatas por parte de todas as administracións, posto que levamos máis de seis meses sin percibir axudas directas reseñables que poidan aliviar esta situación crítica de moitos autónomos e empresas que cada día ven máis preto o abismo”, explican dende a organizadora Asociación de Hostelería, dende onde solicitan “axudas xa, para todo, porque o pobo vive do pobo, e o pobo son os autónomos e pequenas empresas, que non recibiron axudas directas que agora mesmo é o que máis se precisa, e nos sentimos abandoados por parte das administracións”.

Menos taxas

Por segundo ano consecutivo, a hostalaría carballesa estará exenta do pago da taxa de terrazas no 2021, trala aprobación no pleno da súa supresión.
O goberno municipal tamén propón a redución da taxa pola recollida de lixo para todo o sector hostaleiro, hospedaxes e axencias de viaxes
 

Novas relacionadas

Comentarios