Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas

Carballo Interplay na mesa de masters 2021
Primeira mesa dos Masters da Internet no Carballo Interplay
Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas

A

rrincou o Festival de Contidos dixitais Carballo Interplay na súa 8ª edición. Trala xornada inaugural, coa estrea da creación do Taller Kamikaze, as primeiras mesas serviron para xuntar aos Masters da Internet en galego. Unha mañá para ver de preto ás principais caras que están a día de hoxe enchendo a rede de contidos na nosa lingua, facéndoa útil, ennobrecéndoa.

A primeira moderadora foi a vimiancesa Alba Mancebo, a moza que está capitaneando a revolución dixital da TVG.
@Olaxonmario demostrou como a naturalidade é un valor imprescindible para romper a rede.

O muradán Samuel L. París non perde e súa esencia de poeta punki no seu podcast @MBAmalPodcast, creando de costas ás masas.

Carmen D. Prol, de @CaféDerby21, xornalista recén saída da facultade, con moitos traballos precarios xa súa traxectoria, recoñece que “isto é unha posible fiestra, de expoñerte para intentar e, quen sabe, acadar unha saída”.

Nee Barros de @neeumatiko recoñeceu o seu amor por mover temas relacionados coa literatura e cos temas sociais. Recoñecida como unha persoa “trans non binaria” deixou claro a súa vocación divulgativa.

Foi ela, xunto a Mario, a que, en galego reintegracionista, rompeu coa idea de que o galego é unha eiva en internet. As posibilidades que ofrece a lusofonía e concretamente a comunidade brasileira, son infinitas.

Isaac de @Podagalego recoñeceu que nestes dous últimos anos subíu moitísimo a creación, ademais cunha grande diferenciación ben separadas no web por categorías: divulgación, música, actualidade, libros, cine, entrevstas, deportes, ciencia, política… “unha ferramenta c lave para sumerxirse no ecosistema podcast de pé”.

Aproveitaron para recomentar creacións como @forademapa, @recunchogamer ou @tecongotas.

En clave de Youtube quedou claro a necesidade dun repositorio das canles de Youtube como o propio Podgalego, ademais de agregadora etiqueta #Youtubeir@s.

Sobre o futuro dos formatos creativos, hai unha liña de difuminación, que parte da reciclaxe dos contidos creados. Outras das ideas que xurdiu foi a interacción coas redes sociais, reciclando os contidos, en clave de promoción e interacción. Esquecido queda xa o Facebook para as novas xeracións.

”Estamos no mellor momento, temos talento, xentes, pero necesitamos dar un paso adiante en clave de profesionalización, para levar a cultura galega un pasiño máis adiante”, reflexionaban. Para uns “falta apoio institucional pero para outros “é mellor que as insticuións queden sempre fóra deste mundo”, se ben moitos ven ben que institucións usen aos cfreadores para chegar a máis xente.

En calquera caso, ”o estado actual é moi positivo, e non é autobombo. A min sorpréndeme a cantidade de cousas que hai. Os formatos e as plataformas vai e veñen, (como aquela época do blogomilllo) pero en retrospectiva veremos que a creación dixital en galego está afianzándose”, explicou Isaac González. Para o futuro creo que é necesario traballar na distribucxión de contidos, achegando os creadores as posibles escoitadores, e é o que estamos intentando en agora.gal”.

Twitter, Tiktok e Twitch

Segunda mesa de masters da internet no Carballo Interplay+

Esther Estevez, outra das caras da revolución xeracional da televisión pública galega, presentou a segunda mesa, relacionada co twiterr, twitch e Tiktok.

Malva, de @todomalva fai humor, e disfruta do humor galego femenino no Tiktok. Bota de menos falar de crimes en galego. “Adoro a plataforma pero tamén a odio, porque en tiktok está o peor de twitter.”

Nacida da pandemia, é @letidataberna, foi rompendo as barreiras xeracionais e disfrutando facendo humor e crítica en galego, coas facildades e rapidez que aporta tiktok.

A tuitera _mira1cousinha_ recoñece que a rede social estase convertendo en espello ou punto de encontro para creacións noutras plataformas,

Jon Amil, “10 anos escribindo parvadas no tw” repercutindo de xeito natural sobre o reintegracionismo. Recoñece a facilidade que ten esta rede social para facer comunidade.

Agos Reigosa, fomentor dende a sombra da comunidade de Twich en Galego. “Podemos atopar de todo xa, pero aínda terá que haber máis.

Todos reflexionaron sobre o #Galituiter e a polémica continua que rodea esta comunidade, e sobre o odio que xera a deshumanización nas redes.

Día de Portugal

OCarballo Interplay recupera este venres a súa programación profesional con Portugal como país convidado. O Festival de Contidos Dixitais abre un espazo de diálogo para fomentar alianzas entre creadoras/es, produtoras e plataformas de Portugal, de Galicia e de España co obxectivo de favorecer a creación de proxectos conxuntos, tralos meses de ausencia de citas profesionais presenciais por causa da pandemia.
 
Completan o programa do venres dous dos pratos fortes deste Carballo Interplay post-pandémico: o show que ofrecerán tres das cómicas máis relevantes do panorama estatal actual -Henar Álvarez, Carolina Iglesias e Victoria Martín- e o repaso polos momentos penosos da internet deseñado por outros dous todoterreos do humor intelixente, David Pareja e Lorena Iglesias, e que defenderán ao vivo no Pazo da Cultura de Carballo a mesma Lorena Iglesias e Joaquín Csáky nunha Pochosfera na que non faltarán bloopers de vídeos de ASMR, manosphera ou deepfakes de famosos derretidos

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios