Venres. 04.10.2024
El tiempo

Leo Bassi, Titzina Teatro e David Espinosa, pratos fortes da nova finde do FIOT

Leo Bassi
Leo Bassi
Leo Bassi, Titzina Teatro e David Espinosa, pratos fortes da nova finde do FIOT

Terceira fin de semana de FIOT, e Carballo segue disfrutando dun dos festivais escénicos máis importantes do país. As estreas en Galicia de ‘Búho’, de Titzina Teatro, e ’70 años: Leo Bassi’, do mítico clown italiano, centran a programación do Programa de Sala e da Escola do espectador nas ondas; mais non serán os únicos pratos fortes da fin de semana: este sábado 15 comeza a sexta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado. Ademais, os humoristas Pablo Meixe e Adrián do Regenco serán protagonistas dunha noite da Rúa dos Contos no Mercado municipal.

O programa completarase coa última función do Teatro de Rúa na praza do Concello da man do malabarista Fran Boza e unha segunda cita co ciclo OTNI, que acollerá a estrea galega de ‘Conferencia espectacular’, de David Espinosa. <(p>

Comeza o Metro Cadrado

Outro dos fitos máis significativos desta fin de semana do FIOT chegará o sábado 15, pois dará comezo a sexta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, a liña de programación que promove a creación de pezas escénicas experimentais en espazos non teatrais e singulares de Carballo. O sábado poderanse ver ata catro funcións de dous espectáculos de breve duración: ‘Menú-do día’, do Colectivo #ChamizoBelloVila, e ‘Cinecleta, cinema doméstico a pedais’, de Sr. Lili.

En ruta e na rúa

A programación do FIOT desta semana comezará o mércores 12 no Centro Social de Ardaña, coa segunda e última cita do FIOT en ruta.
Na tarde do venres 14 chegará a quenda do rei galego dos malabares: Fran Boza. A .
Xa en horario nocturno, contra ás 21.00 horas, terá lugar a estrea en Galicia de ‘Conferencia espectacular’, de David Espinosa.

O XII Ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) acolle así unha divertida clase maxistral sobre a vangarda teatral, na que non faltarán referencia a creacións de Peter Brook, Fura dels Baus, Mal Pelo, Needcompany ou Els Joglars, entre outras voces singulares.

Pola noite a creación emerxente seguirá tendo especial protagonismo, coa participación na Rúa dos Contos de dúas das voces novas máis virais do momento en Galicia: os humoristas Pablo Meixe eo cabanés  Adrián do Regenco. Ambos presentarán os seus espectáculos ‘Quen aguanta isto?’ e ‘Así son’ no Mercado municipal, contra as 23.00 horas, nunha noite na que ambos cómicos darán boa conta do porque do seu éxito no eido virtual.

Gala do Futbol da Costa 2022-Adrian do Regenco
Adrián do Regenco na Gala do Futbol da Costa 2022

AXENDA FIOT31 MÉRCORES 12-DOMINGO 16

Mércores 12 de outubro 
19.00 horas no Centro Social de Ardaña
FIOT en ruta | ‘Esas cousas marabillosas’, de Empatía Teatro.

Venres 14 de outubro
19.30 horas na Praza do Concello
Teatro de Rúa | ‘Malabarabilidades’, de Fran Boza. 

21.00 horas no Pazo da Cultura | Salón de actos
Ciclo OTNI | ‘Conferencia espectacular’, de David Espinosa (ESTREA EN GALICIA).

Sábado 15 de outubro
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 horas no Mercado municipal (andar 0)
Metro Cadrado | ‘Menú-do día’, de Colectvio #ChamizoBelloVila

13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas no Estudio de fotografía Criss Becerra
Metro Cadrado | ‘Cinecleta, cinema doméstico a pedais’, de Sr. Lili. 

13.00 horas no Pazo da Cultura | Salón social
Onda FIOT | Escola do espectador nas ondas. Con Daniel Galindo e membros de Titzina Teatro.

20.30 horas no Pazo da Cultura | Auditorio
Programa de Sala | ‘Búho’, de Titzina (ESTREA EN GALICIA).

23.00 horas no Mercado municipal
Rúa dos Contos | ‘Quen aguanta isto?’, de Pablo Meixe, e ‘Así son’, de Adrián do Regenco. 

Domingo 16 de outubro
18.00 horas no Pazo da Cultura | Salón social
Onda FIOT | Escola do espectador nas ondas. Con Daniel Galindo e Leo Bassi. 

20.30 horas no Pazo da Cultura | Auditorio
Programa de Sala | ’70 años: Leo Bassi’, de Leo Bassi (ESTREA EN GALICIA).
 

--

NOVAS do FIOT 22

Máis novas do FIOT

Comentarios