Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Comité de Celsa Atlantic tamén buscan o apoio do BNG bergantiñán

Reunion Comite Celsa Atlantic BNG Bernatinog
O Comité de Celsa Atlantic tamén buscan o apoio do BNG bergantiñán

Continñua a serie de entrevistas do Comité de Celsa Atlantic para solicitar respaldo institucional na súa loita para garantir a continuidade da actividade industrial en Celsa Atlantic. Despois de reunirse co alcalde da Laracha, este venres mantiveron unha reunión co alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, e o deputado carballés do BNG Daniel Pérez. 

Despois de que o Xulgado Mercantil 2 de Barcelona homologase a reestruturación presentada polos fondos acredores, perdendo desta maneira a familia Rubiralta o control do Grupo Celsa, os empregados trasladaron a súa "fonda preocupación debido a que no plan de reestruturación presentado polos acredores non se aborda un Plan Industrial para a planta de Laracha, polo que queda a dúbida de se a nova propiedade vai seguir co proxecto de cerrar o ciclo produtivo na nosa factoría". 

"Somos conscientes de que o modo de operar dos fondos de investimento soe terminar na venta dos activos a medio prazo. Por iso é tan importante, agora máis ca nunca, seguir apostando polo proxecto actual de instalar unha aceiría na Laracha", explican. Apuntaron que "neste momento a materia prima que transformamos vén dunha planta do Grupo Celsa instalada en Francia, polo que temos unha dependencia total dun terceiro para seguir operando".
 

Comentarios